Volven os 90: 9 probas gráficas para deprimirnos

Coetáneos dos 80, isto fará que vos sintades moi vellos. Seguro que lembras felizmente, como se tivese pasado hai só un par de anos, ese momento no que, xa superado o cambio de século e o efecto 2000, dicías que os 90 eran unha década moi difícil de definir. Era tamén cando xa sabías definir os 80 e estabas seguro de que a súa horrenda moda nunca volvería. Pasaron os anos e os 90 empezaron a tomar forma e entón, vendo as túas fotos de preadolescente, soubeches que o que nunca volvería serían os 90. Pois ben, estamos nese punto. Mira que levas posto. Os 90 volven a estar connosco e son cool. Os 90 son retro e nós, nós aínda cremos que somos novos.

Non das crédito? Serei máis específica. Aquí van varios sinais de que, efectivamente, volven os 90. Con probas gráficas da época e da actualidade. Ao final terán razón Travis. We’re tied to the 90s.

(Pincha nunha foto para acceder á fotogalería)

 

Shares

2 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *