Os zapatos de Karl Lagerfeld para Melissa

Karl Lagerfeld ChoupetteKarl Lagerfeld era un home que era un deus inaccesible da moda. Super influínte, responsable de Chanel dende hai unha chea de anos, tamén o foi de Chloé ou de Fendi e agora ten a súa propia marca. Pois aínda que segue niso (e facendo polémicas declaracións, xa sabedes que ten unhas ideas moi discutibles sobre a delgadeza) Karl Lagerfeld está empezando a ter cada vez máis peso no mundo do barato (máis que barato accesible). Lanzou hai nada unha liña low cost (en fin… low cost daquela maneira) chamada KARL , non fai máis que facer cousas coa firma Tokidoki (despois do seu boneco aparece el coa súa cadela Choupette e unha chea de cousas como bolsos e camisetas) e acaba de estrear unha colaboración coa firma de zapatos Melissa.

Os zapatos están no mercado dende o pasado mes de marzo e responden a todas as ideas básicas de Melissa (vamos, que son uns zapatos de plástico). “O gran talento de Lagerfeld, sinónimo de couture, tradúcese nunha liña de zapatos que expanden a nosa base de clientes e fan a súa marca máis accesible a todos”, explicaba no lanzamento Paulo Pedó, Diretor de Márketing da Melissa. Os zapatos son o lanzamento, ademais, da marca KARL en Brasil, aínda que se poden mercar noutros lugares do mundo (tampouco pensedes que son tantos) se se quere levar uns Lagerfeld de plástico nos pés.

Os deseños son divertidos e rompedores e de aspecto bastante ‘verán’ (ese tacón convertido en xeado merece todo o noso entusiasmo)

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *