Disquecool invita: sorteo 2 entradas para Voces Femeninas en Vigo

Xa queda cada vez menos para o festival Voces Femeninas, que este ano, como sempre da man de Coconut Producciones, traerá a Vigo (24 de novembro) e a Ourense (22 de novembro) e a Madrid (20 de novembro) a Lisa Hannigan, a Little Scream e a Holly Miranda. Nós estamos moi emocionados e pensamos que todo o mundo debería ir ao festival. E, para que sexa un pouco máis fácil, sorteamos dúas entradas para o día de Vigo!

Que hai que facer? En primeiro lugar, facervos fans da páxina de Facebook do Festival. Comprobarémolo! E despois o mesmo do ano pasado, deixar un comentario nesta entrada dicindo quen sería cabeza de cartel no voso Voces Femeninas ideal. Viva ou morta, xa sabedes, o ideal non ten por que ser posible. E quizais teñades sorte: o ano pasado alguén pediu a Lisa Hannigan e este ano, aquí está!

Tedes ata o vindeiro domingo 11 de novembro para participar, o luns 12 anunciaremos os gañadores.

Shares

53 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *