Un novo concurso? Si! Regalamos unha entrada dobre, cortesía dos nosos amigos de Coconut Producciones, para o festival Voces Femeninas ’11 en Vigo o vindeiro sábado 26 de novembro. Que debes facer para participar no sorteo e poder ver a Sarah Jaffe, Hannah Peel e Mina Tindle pola patilla? Moi sinxelo: deixa un comentario neste post dicindo quen sería cabeza de cartel no teu festival Voces Femeninas ideal. (Si, admitimos propostas de xente que xa non viva, o ideal non ten por que ser posible). Tes ata mañá 25 de novembro ás 23:59 para participar!
BASES
– Para participar é necesario ser maior de 18 anos e residir en España.
– O concurso inicia hoxe 24 de novembro, e remata o 25 de novembro ás 23.59 horas.
– Para participar debes deixar un comentario indicando quen sería cabeza de cartel no teu Voces Femeninas ideal. Tras o peche do concurso realizaremos un sorteo con Random entre todos os participantes.
– Contactaremos co gañador a través do mail que deixe ao realizar o comentario o día 26 a primeira hora da mañá. Haberá un sobre ao seu nome coas entradas en taquilla do Centro Cultural Caixanova. Os correos electrónicos requeridos á hora de realizar un comentario só serán utilizados para contactar co gañador, e non serán almacenados a posteriori en ningunha base de datos.
She & Him e Jane Joyd.
Elas e outras mais estan nunha colección que se chama “Elas” no meu Grooveshark
Pois a primeira que se me veu á cabeza ( das miles de candidatas posibeis), foi Janis Jopplin.
Ese desgarro na voz….
Ex-voces femeninas de Bill Calahan: Cat Power vs. Joanna Newson e de paso metemos a Sophia Knapp, para ver que tal… xa sei que Joanna xa veu por aquí pero bueno… ;)
Pois lamento que xa o dixese alguén antes, pero eu, sen dúbida, escollería a Janis Joplin. É unha voz que sempre me emociona. Entre as vivas e que podería vir polo festival: Roisyn Murphy
Pois eu escollo Pili Pampín! Sería o máis rompedor, poñer nun concerto así a unha cantante tan pouco hipster como Pili Pampín. Racharía coa pana! ;D
A primeira que se me veu á cabeza foi a primeira cantante de Morcheeba, supoño que pola calidez da súa voz. Skye Edwards, seica se chama.
Pois Laura Veirs. Un saúdo.
Lisa Hannigan!
A min gústame o de Pili Pampín ;) pero vendo como van os tempos… terán que poñer a Russian Red!
Nina Simone