Anos de televisión autonómica deron para moitas, moitas e moitas máis horas de publicidade. A TVG reproduce, basicamente, anuncios que podemos ver en todas as teles do estado e que ás veces están ata traducidos ao galego. De cando en cando, sen embargo, un anuncio autóctono convértese nun boom tal que muta en icona da cultura popular contemporánea.
0. Muebles Mendoza.
Este é O anuncio galego por excelencia, por iso vai o primeiro e no número cero. Non está en YouTube, pero todos o mundo que estivese en Galicia nos últimos anos ten que coñecer por forza aos donos de Muebles Mendoza e Don Pino, que invitaban á visita en Caldas e en Moraña.
Aínda que doa, e ante a ausencia do orixinal, aquí queda a parodia dos Tonechos.
1. Ramón, o Fertimón!
Un clásico de sempre da Galega. Aínda que non sexamos capaces de lembrar nin un só anuncio completo, non importa. A historia é sempre a mesma. A Ramón recoméndanlle usar Fertimón, un abono que é case case miragoso e que permite que todo creza estupendamente. O segredo vén dun cura, así que o Fertimón ten garantía. Na redacción xa esqueceramos este vídeo de 2004, pero YouTube todo cho recorda. É o (psicodélico?) orixe da historia.
2. Ratibrón.
Os produtos do rural son unha mina para as mentes do marketing galego. Ningunha alma cándida fixo o ben de subir a YouTube o de Ratibrón (ou non se chama así e o problema é que non sei buscar?) co seu pegadizo slogan: “nin ratas nin ratos”. Todas morrían gracias a este raticida.
3. Rianxeira e Martes y Trece
Houbo un momento no que Martes y Trece eran deus e facían anuncios espantosos para Rianxeira. Nun un pseudo Julio Iglesias dicíalle a un reporteiro que atún de Rianxeira era un canto a Galicia. E noutro radiaban as bendicións do atún. Agora é acartonado, non ten nada de gracia e ,espero que a memoria non me falle e sexa, moi moi vello. Pero quedou gravado na memoria. (Pódese ver no portfolio da axencia que o asina)
4. Cabreiroá cun zahorí
Un zahorí anda na procura de auga polo monte (e si pasa ao carón dun regato estupendo e o seu pao non fai nada…) ata que un camión de Cabreiroá pasa polo lado. E, claro, o invento colapsa. (Pódese ver no portfolio da axencia que o asina)
5. O leite mola.
Cando viades con ollos inocentes o Xabarín Club se cadra pensáchedes que Xabarín era un fulano enrollado que vos estaba a dar bos consellos de consumo. Porque o leite mola! Imaxino que daquela quedáchedes coa copla. Pero… a que non lembrabades todos os produtos de Larsa que aparecían por todos lados? Anuncio, efectivamente.
6. Vivamos como galegos.
Idea de país, blablabla, cultura propia, orgullo nacional, máis blablabla. Anos de retórica nacionalista e de señores barbudos non conseguiu o que fixo hai uns anos (aínda que si, parece que foi onte) o anuncio de Gadis. Vivamos como galegos, dicía, nun canto a Galicia que gustaba a todo o mundo e facía que todos os que o virán sentiran unha inmensa ledicia de vivir (e de ser galegos). O momento apoteósico chega a cabalo, con música heroica. Ten variantes a esgalla e cruzou o Macizo Galaico na procura das clases de publicidade de todo o estado.
7. Concienciar aos nenos.
O Xabarín foi unha mina que permitiu mandarlles aos nenos todo tipo de mensaxes, dende os de seguridade vial de Seguriño (visto agora, o de que un automóbil che vaia atropelar non pinta nada simpático, por moito que o rapeen), ata aprender a consumir coa serie de Camaleo do Instituto Galego de Consumo (o merchandasing era guay, prométovolo!) ou para convercernos de que lavásemos os dentes.
Como molaba Seguriño!! jaja Eu do que me recordo, de fertimon, era un que saia Donato!
Como a miña mente puido borrar iso!! Donato!! Tamén falta Sanote, un auténtico clásico, pero tampouco está en YouTube :(
Por aquí din que falta o de Leite Río (“condenado, roubáchesme o leite!” e o de Jesús Babío (“Babío, va bene!”).
Haberá que facer segunda parte :)
Falta o do viño Sansón… “e alegra os teus días”, onde saía xente contando chistes.
Por certo, coñecín ao cámara que filmou o anuncio da tenda de mobles e lembro que me dixera (xa hai tempo) que botaran todo o día gravando porque os xerentes da tenda non eran quen de dicer correctamente as frases do seu papel.
Remexede na primeira época da Tvg, que tedes que atopar xoias gloriosas…moi gloriosas…
Carai, boa recopilación! :D
– Eu amo xogar em Espanha, e ser Pixixi…
– Minchirooooooso!
Mais ou menos era un diálogo dun anuncio de Estrella Galicia (?) do ano 96 ou 97. O do “minchiroooso” seguro que vos soa!!
Aquí está ;)
Merda, esquecínme de pegar o enlace xD
https://www.youtube.com/watch?v=E18ZJL3E2KA
Recordo. Que cando eran as 8 o acaba o xabarín club, daba un minianunciio. De que cousas facer. Leer . Xogar cos nenos. Estudiar. Limpar os dentes. E mais cousas. A canción era moi seguidilla.
Hola sanote. Cal é o teu consello.
Ir pra cama cedo
E despois de soñar..moitas cousas conseguiras.
É un consello patrocinado por Xuntw de Galicia
u7l3g7
bbyy9c
dgvi9i
pxzptd