O Gin e a Xen

Gin Tonic na sala Moon, en Santiago

Pouco queda por dicir na rede dun dos alcoles máis vendidos con glamour dos últimos tempos, o gin tonic. Falar de gin tonic implica pronuncialo dese xeito, á inglesa, renunciando ao xen de xenebra que podería levar ao camareiro a poñer unha moeda xaponesa, por iso dos hiperenxebrismos e a tradución da moeda nipona agora tan en voga.

Mais o que si está en voga é pedir un gin tonic, un combinado que debe tomarse sempre en copa balón ou en vaso de sidra, pero nunca en tubo.

A variedade de tipos de gin tonic (agora me pregunto por que non pulsar o nome de xen-tónica de aquí en diante) é coma unha fórmula matemática elevada á sétima potencia, pero se queredes estar toda a noite coa mesma xenebra haberá que quedarse con unha. Arriscarse a elixir unha única tónica é difícil, pero Tanqueray é unha boa alternativa na noite galega. No entanto, non renunciedes a pedir a carta de gin tonics, cada vez máis habitual nos bares.

Pouco poderedes xa sorprender aos vosos amigos propoñéndolles a mistura con pepino ou lima, deixando o limón de lado, mais a algún que se teña incorporado tarde ás bebidas brancas, aínda lle pode coller por sorpresa o seu gusto. Tentádeo!

Tampouco seredes descubridores absolutos se propoñedes beber unha xen-tónica fever-tree (sen tanto gas, algo máis cara, pero recomendada polos grandes expertos catadores e maestros da cociña como Ferrán Adriá), mais si seredes uns bos principiantes da bebida de moda se acreditades o seu coñecemento.

Nótase que xa é, dende hai tempo, unha bebida imprescindible na noite, pois xa son moitos os bares e pubs onde podes elixir o modo en que tomar unha xen-tónica, unha bebida que non debes deixar de probar, pero sen tardar moito en sumarte a esta tendencia, porque veñen pegando forte os combinados vodka como nova espirituosa raíña da noite.

Sexa cal sexa a túa escolla, recorda sempre que alguén que sabe destacarse por elixir a bebida da noite, tamén recoñece na moderación, a virtude.

Fotos | Andrés Fraga

Shares

8 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *