A nosa experta opina: Biquini, topless ou espida?

bikini*Inauguramos a sección “A nosa experta opina” con consellos sobre moda, beleza e estilos de vida

O verán por fin chegou. Sen tempo non era, que dirían os máis novos. Os vellos nisto, que teñen máis memoria histórica, protestan menos e sempre lembran aquel mes de xullo no que choveu mañá e noite e lles estragou toda a colleita.

Pero volvendo ao verán, como bos galegos, é tempo de ir á praia. O problema número un que nos atopamos é, sen dúbida, chegar a calquera areal e que todo o mundo xa estea ‘moreno’.

No capítulo de consellos como ‘experta’ en praia, dígovos que o primeiro pasa por nunca esquecer a crema protectora, adaptando esta ás túas necesidades e tipo de pel. Nisto xa que cada un pida recomendación a outro tipo de experto. Como ‘experta’ en morenear sen queimarme, suxiro que ninguén queira atallar renunciando a protexer a pel ou insistindo nas horas centrais do día. O mellor para ter unha cor dourada duradeira é, sen dúbida, ir a pouquiños.

E agora, sen esquecer levar auga, un parasol e unha toalla (ou incluso dúas) a gran pregunta: Que me poño? O bikini sen dúbida é a peza máis posta, pero o bañador está cobrando cada vez máis interese, á par que o fan as bragas-faxa, e do mesmo xeito que foi un triunfo para as persoas cun pouco de ‘barriguiña’ poder poñerse camisetas frouxas. Así que non dubides en socorrer a esa prenda-disimulo, iso si, como todo na vida, incluso os bañadores non serven todos para todas.

Na fase dúas de como ‘morenear’ está o topless. Ir á praia, dende logo, non é o momento en que máis podes lucir os teus encantos, pero se queres facelo de verdade, a oportunidade é o medio destape. Para ser unha verdadeira cool, o topless debes restrinxilo a ‘momentos’ da praia. Por poñer un exemplo, xogar ás palas sen o que se coñece como parte de arriba non é elegante.

Pero se realmente queres un ‘moreno integral’ e estás seguro ou segura (neste caso entran os homes tamén) de que non te vas atopar co teu entorno máis próximo (falo neste caso para persoas non concienciadas que o fan porque lles apetece pero non como estilo de vida), entón é o momento do nudismo. Pero non te enganes, estando espido ninguén é cool (nin moderno).

Por certo: A historia do nudismo en Galicia dá para moito. Aconséllovos non deixar de ler a revolución dos naturistas na praia do Castro de Baroña, en Porto do Son (A Coruña). Déixovos un dos artigos que contan o que pasou.

Foto | Luis Hernández

Shares

2 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *