6 restaurantes exóticos en Santiago de Compostela

Sushi Bar de Lego

Sushi Bar de Lego (o último recurso para ter un restaurante exótico na cidade)

Santiago é unha cidade pensada para os estudantes que non teñen moito carto (e por iso hai tanto sitio de bocatas e cousas baratas) e para os turistas (e de aí as rúas cheas de marisquerías e cousas típicas da zona vella). Se es de aquí sentirás certo aburrimento por non poder comer esas cousas raras das grandes cidades e envexarás a eses vigueses que poden comer cousas etíopes. Pero non te leves a engano, Santiago tamén ten unha oferta interesante de restaurantes exóticos (máis alá dos kebabs, os italianos e os restaurantes chinos que xa damos por tan habituais como as tapas de tortilla) e estas son algunhas recomendacións de cociñas de todo o mundo na capital.

Santiago Kyoto. Se ides en fin de semana, mellor facer unha reserva. Conseguir unha mesa libre un sábado pola noite pode ser cuestión de moita sorte. Está en Santiago de Chile (quen di que a zona nova de Santiago non pode ser tamén cool?) e ten todo o que podes agardar dun xaponés. Varios tipos de sushi (que podes ver como fan), unhas gyozas ben ricas e unhas brochetas de polo yakitori ben boas. Non leva moito aberto, pero ten pinta ser un éxito. Ten servizo a domicilio.

Punjabi Food. Hindú pakistaní. As racións son moi grandes e copiosas (pensade ben antes de pedir, que compartir pode ser unha moi boa idea!). Está tamén na zona nova, moi preto da estación de tren. Ten todo o aspecto dun bar de toda a vida e cando entras… sorpresa! Das coa cociña exótica. É demasiado sorprendente que poñan os pratos de polo tikka con patacas fritidas demasiado galegas para a experiencia de comer comida internacional, pero pode ser unha opción para cando non se queira comer nada clásico. Están en Fernando III O Santo, 37. Tamén teñen servizo a domicilio.

La casa de la marquesa. Tras anos de queixarnos da non existencia dun restaurante xaponés en Santiago (tras o peche definitivo daquel que estaba na avenida de Lugo), agora hai varias opcións para comer comida nipona. A casa da marquesa ten sushi e tempuras (a de langostinos, a máis rica que probei en moito tempo). Na Costa de San Domingos, 2 (e tamén con servizo a domicilio!)

Cre-Cote. Este é un clásico da comida estranxeira en Compostela. Moi ben situado na praza de Quintana, ten crepes doces e salgadas, ensaladas e outros pratos nunha carta bastante completa. Está nun primeiro piso. Non é preciso reservar e as crepes están bastante boas. Aínda así, bótase en falla unha verdadeira creperie bretona con galettes.

Góndola 1. Algunha vez vos aventurastes no Góndola? É un deses lugares de toda a vida de Santiago no que non te aventuras a entrar na procura do orixinal porque xa o tes interiorizado como clásico. Na súa carta, hai varios pratos gregos. Como compostelá de toda a vida que está farta de velo, nunca me lancei a probalo como experiencia exótica, pero semella ter o habitual dos restaurantes gregos.

Las Cien Islas. Restaurante filipino, situado na praza de Vigo. Ten comida asiática (xa sabemos que para nós aínda non hai tanto Asia era unicamente China) e española, co toque exótico que aporta a comida filipina. A miña experiencia é de hai bastantes anos, cando o abriron. Ten servizo online con Just-Eat, o que sempre é un punto a favor.

(Ata hai nada había tamén un mexicano, pero pechou o día 1. A comida árabe vai e vén, pero agora mesmo non sei de ningún restaurante aínda aberto. Se tedes máis recomendacións, deixádeas nos comentarios!)

Fotos | Bill Ward’s Brickpile | Universitetssykehuset Nord-Norge (UNN)

Shares

17 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *