Onde comer crepes en Compostela?

Fraiche

Non imos entrar no eterno debate sobre se as filloas e as crepes son o mesmo ou non o son. Só imos sinalar que sexan irmás ou inimigas, están realmente sublimes e merecen toda a nosa atención e entrar dentro de todos os nosos plans gourmet. Santiago de Compostela ten unha cada vez máis ampla oferta de lugares exóticos para comer e, curiosamente, cada vez máis posibilidades no universo das crepes. Velaí van 3 propostas para comer crepes en Compostela.

Cre-Cottê

cre cotte

É o clásico das crepes en Santiago de Compostela, ben situada na praza da Quintana e coñecida por todo o mundo. E posiblemente sexa un dos restaurantes exóticos que chegaron antes a Santiago (lembrades cando non había restaurantes exóticos?, eran tempos escuros). É un habitual dos listados de restaurantes da cidade, pero non deberíamos desdeñala por ser unha vella coñecida. O clásico tamén mola de cando en cando. Tamén teñen ensaladas, pastas e arroces.

Está na Praza da Quintana

Crepería Saint-Jacques

saint jacques

Xa vos falamos dela cando acababan de abrir e non hai moito que estivemos cenando para ver como se comportaba. E si, a crepería Saint-Jacques segue estando dentro da nosa lista de sitios que nos gustan para comer en Santiago. Son crepes de verdade (totalmente francesas!) e seguen a tradición bretona. Iso quere dicir que as crepes salgadas son en realidade galettes de sarrasin, ou o que ven ser o mesmo crepes feitas con fariña de trigo sarraceno (amigos celíacos, penso que esta fariña non ten gluten!, pero confirmádeo antes de vos lanzar á degustación). Teñen unha carta moi variada e de beber podes pedir auténtica sidra da Bretaña.

Está en Rúa Nova, 42

Fraîche

Fraiche 2

Este é o meu pequeno descubrimento de orgullo de barrio (de Santa Marta). Fraîche ten unha decoración de bar-cafetería sen máis (si, sei que todos os lugares dos que falamos en Disquecool teñen un toque je ne sais quoi) pero paga a pena deixarse caer por alí porque non son só creperie (e poñen crepes no menú do día) senón que ademais… como tapa poñen crepes!! Se pides café (e o café grande é unha desas cuncas-mug do almorzo que tes na casa), dancha de chocolate (e está moi boa). E se pides de beber non doce, toca salgada. Están ao carón do Hospital Clínico.

Está en Sempre en Galiza, 8

Fotos: webs e Facebook dos restaurantes, destacada de Fraîche

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *