Espacio As-Built: coworking nun edificio histórico en Ferrol

Os espazos de coworking empezan a tomar as cidades galegas e a situarse en espazos singulares. Un dos últimos dos que tivemos noticia está en Ferrol, nun dos edificios da zona histórica, aínda que o seu interior está bastante lonxe do que se espera dun edificio do XVIII. En realidade, Espacio As-Built lembra unha pouco a unha cabana. E a explicación está, posiblemente, no nome do proxecto de deseño que está detrás do mesmo:  chamárono a cabana do arquitecto.

Todo está feito en madeira, como explican na memoria do proxecto, pintada en gris escuro en teitos e en paredes para contrastar co branco do chan. O espazo que ocupa non ten moita luz directa, pero conseguiron modificar esa sensación engadindo luces LED directas.

Están entre o concello e a praza de España (exactamente na Rúa Pardo Baixo, 23) e contan con 11 postos para coworkers, sala de reunión e zona de cociña – office.

Fotos | As-Built

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *