Santiago xa come sushi (e polo teriyaki)

Sushidaki en Compostela

A xente de Santiago tiñamos unha seria dúbida existencial: por que nós non podíamos comer sushi, polo teriyaki e todas esas delicias xaponesas que se podían degustar nas grandes cidades? Por que calquera lugar da periferia de Madrid (nada cool) tiña un (moi cool) restaurante xaponés e nós, a capital de Galicia, non? Había un un tempo atrás que pechou e dende entón viviamos no baleiro  nipón. Ata agora. Sushidaki, que xa está en Vigo e en Pontevedra, acaba de abrir un restaurante na rúa Santiago de Chile, o Santiago Kyoto. Por fin poderemos ser modernos e comer con palillos!

A primeira recomendación: ir a unha hora adecuada ou reservar. As ganas de in comida nipona eran moi fortes, ou iso semella, porque cando o probamos (nada máis e nada menos que na comida do día de Fin de Ano) acabou por encherse. Moitos dos que ían chegando tiñan reservado mesa. A segunda: non vaiades un luns… porque estará pechado. Só abre de martes a domingo.

Sushidaki en CompostelaA comida está bastante ben. A carta ten todos os clásicos da comida xaponesa: moitos tipos de sushi (que fan diante dos comensais uns expertos co look xapo tan habitual dos restaurantes), as brochetas de polo teriyaki que quen escribe adora (e si, as deste sitio están moi boas), tempuras variadas e todos eses pratos de nomes estraños.

Ademais de comer no restaurante, tamén se pode pedir a domicilio, todo un avance que abre o abanico de que pedir en Santiago en días de bata, manta e pelis. E, o mellor, non terás nin que falar con eles: teñen restaurante online.

Santiago Kyoto ofrece tamén servizo de cátering e cursos de iniciación ao sushi, para que quen queira poda aprender a facelo. Teñen tenda online de produtos xaponeses, que permite facerse cos ingredientes de calquera prato nipón. O reparto, por certo, é a toda Galicia.

Fotos | Disquecool 

Shares

6 comentarios

  • Carlos di:

    O restaurante esta ben, sacando que para poder quedar un pouquiño satisfeito non contedes con gastar menos de 25€ …. unha verdadeira salvaxada

  • fonparedes di:

    E o restaurante La casa de la Marquesa? Na rúa que sube dende Virxen da Cerca ata o Museo de Pobo Galego
    Ou e ese o que pechou?

  • María di:

    En Santiago había xa dúas posibilidades para comer sushi: La casa de la marquesa (que tamén sirve a domicilio) e A casa da viña, en San Lázaro. Pero cantas máis opcións, mellor.

  • Raquel di:

    O que pechou é Sakura http://11870.com/pro/restaurante-japones-sakura É do pasado! pero era bastante coñecido porque podías comer no chan nun tatamki (eu daquela era unha pobre estudiante e nunca puiden probalo)

    La casa de la marquesa ten o sushi sempre, sempre? Pensaba que era algo dun día concreto (e non sabía o do servizo a domicilio) Apuntado queda (deberiamos sacar un mapa dos restaurantes exóticos santiagueses, así que xa sabedes, chibádeme máis ;) )

    De todos os xeitos, este é o primeiro que é só xaponés en moito tempo (e aínda que de media sempre son careiros, eu botaba moito de menos poder ir a un. A ver se agora nos importan tamén os que teñen cintas que levan a comida!)

  • Raquel di:

    Estou vendo a carta de La casa de la marquesa e tendes toda a razón: é un xaponés e só un xaponés (terei que ir a probalo tamén! ;D)

    http://www.lacasadelamarquesa.es/japoesp1.html

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *