Terrazas imprescindibles de Compostela

Son as 20.00 horas e o termómetro marca 26 graos en Compostela. Turistas, peregrinos e veciños bótanse á rúa cunha misión: atopar sitio nunha terraza! No Casco Vello, pero tamén no Ensanche, líbrase unha batalla que pode resultar especialmente dura os días de calor. Si, eses catro días nos que podes deixar a rebequiña en casa pola noite son os máis duros. Aí a astucia e a velocidade contan, e a veteranía tamén ofrece vantaxes. A Lonely Planet poder dar pistas, pero os que pasamos todo o ano en Santiago temos moitas horas de chuvia nas que maquinar unha estratexia e deseñar os nosos emprazamentos “terraciles” para os meses de verán. Hai quen incluso pasa os invernos organizando concertos ao fresco da noite nas terrazas máis singulares da cidade.

Nun lugar como Compostela, as terrazas a pé de praza mestúranse con xardíns escondidos, ruelas que revelan recunchos perfectos para gozar dunha caña e zonas cheas de animación nas que hai que armarse de paciencia para coller sitio. Estas son as imprescindibles de Disquecool:

Costa Vella
Un recuncho para desconectar entre flores e árbores, deixándose levar polo murmurio da fonte. A terraza-xardín do Hotel Costa Vella seguro que si sae nas guías de viaxe. Adoita estar chea de turistas, pero tamén de composteláns que gozan da paz e a fermosura deste lugar tan especial. Ademais, os almorzos son unha delicia. Moi preto, o restaurante Casa Felisa tamén presume de floreado xardín.

A Moa
Tapas, restaurante e xardín. Así se vende este establecemento, situado no barrio de San Pedro, que efectivamente conta cun espazo verde na súa parte traseira, cara o parque de Belvís. Os viños e a saborosa cociña atlántica da súa apetitosa carta saben incluso mellor entre as fragrancias dos xasmíns e os limoeiros.

Terrazas de Santiago de Compostela | Disquecool

O Curro da ParraLa Croquette
Non é doado atopar sitio nesta tranquila ruela situada nas inmediacións da Praza de Cervantes.

Madia Leva
Lembrades o Terranova? Un grupo de americanos montaron hai xa uns cantos anos o primeiro café con wifi e capuccino de Santiago. Ata tiña un sofá coma o Central Perk de Friends! Despois dun tempo pechado o local acolle agora un bar-bodega no que petiscar unhas tostas e beber un bo viño. Un local decorado con bo gusto que engade unha nova e interesante opción ao concorrido espazo de Rodrigo de Padrón, fronte á Policía. Unha boa opción para gozar do sol ata o solpor.

Terrazas de Santiago de Compostela | Disquecool

A Táboa de Picar
Esta é unha desas terrazas agochadas, un lugar difícil de imaxinar desde a rúa. Baixo as camelias podemos descubrir os segredos da rúa Hortas e contemplar a Catedral e o Concello. Iso si, así como o interior do local está coidadosamente decorado, a terraza ten que conformarse cunhas cadeiras de Coca-Cola… Moi preto, en Galeras, El Romero é outro exemplo destas terrazas inesperadas que nos atopamos en Santiago, neste caso, so apta para días de moito calor, xa que está completamente á sombra.

La Flor + Bicoca
Como certo fotógrafo de Disquecool afirma La Flor é “o sitio de ver e deixarse ver”, tanto no seu interior, como na terraza exterior situada na transitada rúa de Casas Reais. As mesas son escasas, polo que unha boa alternativa e achegarse á veciña Bicoca, cunha ampla terraza con opcións de sol e sombra. A atención é exquisita e os brunch dos domingos tamén.

Terrazas de Santiago de Compostela | Disquecool

Abastos 2.0 + Café de Altamira
Ti sabes que iso de facer a compra é en certo modo unha escusa. Si, está moi ben ir ao Mercado de Abastos o sábado á mañá, pero aínda mellor é deixarse caer a tomar o vermú nos arredores. Hai que ter un pouco de paciencia para atopar un oco na terraza do Abastos 2.0. De todos xeitos, o que se leva é estar de pé e andar de aquí para alá saudando a uns e outros. Todo o mundo está aquí, veciños e foráneos. Se o que queres é un pouco de descanso, pilla unha mesa no Café de Altamira. Son sempre extremadamente amables e teñen vermú galego.

E ti, cales son as túas favoritas?

Fotos | Andrés Fraga

Shares

11 comentarios

  • Borja di:

    Gustaríame saber en q te vasaches pa redactar o artigo?? Pq nomeas terrazas q non chaman a irse e non falas doutras coñecidas como a do Momo o outras q menos coñecidas teñen un bo xardín como o Rúa (ou algunha oitra de San Pedro)

  • Lucía di:

    É unha selección das favoritas de Disquecool, por suposto en Santiago hai moitas máis terrazas das que se podería falar. Podes deixar as túas favoritas nos comentarios. Grazas pola túa achega.

    Un saúdo

  • Yo iba a decir lo mismo que Borja, donde está la IMPRESCINDIBLE terraza del Momo? Donde esta la terraza jardín de Casa Felisa? Donde está la terraza de colores del Camalea? Donde está la terraza del Porta Faxeira, Feira de Entrecercas con ese magnolio centenario? No estoy para nada de acuerdo con esa selección de terrazas…

  • Ignacio Sánchez Menéndez di:

    Restaurante Rey? Tiene una buena terraza ala lado de la casa de la Troya
    Buena carta y buen precio

  • Lucía di:

    Eu son moi fan dos almorzos no Costa Vella! Teńo que pasar a coñecer as de máis propostas

  • Roi Hipnol di:

    No se si son las más imprescindibles. Seguro que son magníficas pero te han faltado algunas cuantas muy buenas como la del Casa Felisa, el Momo o el Hotel Broa (ahora no se si se llama San Miguel). También me llama la atención es que escojais terrazas bastante caras, en la Moa me cobraron 9 euros por unos pimientos de padrón.

  • manolo di:

    Estas de coña con esta seleccion. Supongo que no lo hiciste en serio. Momo. Literarios en la Quintana, etc

  • Diego di:

    A ver, xentiña, esta es solo una selección de terrazas de Santiago, con ese pequeño adorno literario en forma de exageración que las califica de “imprescindibles”. Creo que es fácil estar de acuerdo en que todas las terrazas mentadas en el artículo (Casa Felisa incluida, por cierto) son, como mínimo, lugares agradables donde aprovechar los escasos momentos de calor y sol que Santiago brinda a estas alturas del año; y el propio texto deja abierta la posibilidad de que nosotros arrojemos luz en los comentarios a otras que, como la del Momo, consideramos punto fijo para locales y foráneos de la ciudad. Digo yo que se puede ser persona y dejar nuestras opciones favoritas sin necesidad de cargar tintas contra el artículo o su autora, vamos.

  • Juan di:

    Lucía, como bromista no tienes precio.
    Literarios? Momo?Casa Felisa?etc.
    Lo dicho, como bromista no tienes precio

  • Xiana di:

    Interesante escolma! Por sorte para xs picheleirxs hai muito onde escolher polo que se podería facer outro artigo con tantas ou máis terrazas imprescindiveis.
    Obrigadinha!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *