Un tutorial de autodefensa de 1933

May Whitley era unha experta en jujutsu e unha que xa explicaba alá polos anos 30 o que tiñas que facer se te atopabas nunha situación perigosa. O vídeo é unha gravación de 1933 e unha desas xoias que agora se poden atopar a un clic en YouTube.

O tutorial (si, xa había tutoriais antes de internet) pertence á colección da British Pathé. Pathé foi unha das empresas pioneiras do mundo do cinema e non só abrían cines e producían películas senón que ademais tiñan noticias que servían nos cines. Agora a idea resulta un tanto estraña, pero a principios de século os espectadores non só ían ao cinema a ver películas senón que tamén estaban moi interesados polos bloques de noticias que lles servían antes dos contidos.

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará