Bombóns, queixo e ilustracións para unhas cestas de Nadal diferentes

O Nadal é o tempo das cestas. As cestas de Nadal son material para regalos de empresa (aínda que moitas nunca tal vivimos!), reclamos para sorteos festivos ou unha boa solución para facer un regalo de Nadal cando non tes moi claro que mercar e queres que funcione. Tamén son agora un terreo para a exploración e para lanzar novos tipos de produtos. Iso é xustamente o que fan as cesta des Nadal das que vamos a falar.

Carabuñas acaba de lanzar unhas cestas de Nadal especiais para estas festas. As súas cestas contan con, ademais de varios produtos gourmet (o que esperas que leve unha cesta de Nadal!), a obra de catro ilustradoras galegas.

Segundo explican dende a propia compañía, a iniciativa serve para “cumprir un dos seus propósitos: a celebración da amizade”. As láminas que van con cada unha das cestas son todas unha visión sobre a amizade. As ilustradoras Clara Cerviño, Xoana Almar, Luz Beloso e Ana Parada son as responsables da parte ilustrada das cestas. No que toca ao que inclúen de comer, Carabuñas promete “produto galego, ecolóxico, local e rural”.

A cesta que inclúe a obra das catro ilustradoras. Na galería, as outras

As cestas de Nadal ilustradas están á venta na web de Carabuñas e teñen uns prezos que van dos 43 aos 99 euros. A máis cara é a cesta Gosto das ilustradoras galegas, que inclúe catro láminas e así unha de cada unha das ilustradoras participantes. Se se prefire a obra dunha ilustradora concreta, tamén se pode mercar. Existen outros catro modelos de cesta vinculados cada un deles a unha das artistas. Cada unha destas cestas ten unha selección de produtos tamén diferentes.

Shares