Unha postal paper-toy para dicir: Felices Festas!

As luces, os doces de Android  Nadal os agasallos, o alcohol, as ceas de traballo, as ceas coa familia, o chocolate churros, os Papá Noel colgando dos balcóns, os festivos que quereriamos cambiar desde xa para luns (porque non podían coincidir peor!)… Si, estamos nesa época do ano que a ninguén lle é indiferente. Algúns ódiana, outros cren que debería durar varios meses. Trátase do Nadal e, motivos relixiosos aparte (Disquecool é un medio laico!)  sempre hai algo que celebrar e bos desexos que repartir. Sen ir máis lonxe, agora mesmo poderías estar a celebrar ter gañado a Lotería. Por non falar da emoción coa que sempre comemos as uvas!

A que vén toda esta sarta de obviedades? Moi sinxelo: desde Disquecool non queríamos deixar pasar estas festas (o noso primeiro Nadal! o noso primeiro Fin de Ano! os nosos primeiros Reis Magos!) sen o noso pequeno agasallo en forma de postal e bos desexos. Pero tampouco queríamos facelo a través dun christmas deses típicos e cutres (que non, non chegan a ser cool). Somos xente con clase, así que o que fixemos foi contactar con Nuria Díaz, a flamante gañadora do concurso paper-toy do Culturgal, para que nos fixese un recortable a nós tamén. E quedou fantástico!

Postal Paper-Toy de Nuria Díez e Disquecool

A nosa pequena achega para que colgues na árbore de Nadal da túa casa (ou nalgunha planta ou onde che pete) é ademais moi fácil de montar: tan só tes que descargar o arquivo pdf no enlace que atoparás ao final deste artigo, imprimilo en cartolina A4, recortar pola liña de puntos, colocar un cordonciño na parte superior e colgar onde queiras! Poderás encher a túa casa de pequenos hipsters navideños!

Descarga a postal navideña de Nuria Díaz e Disquecool (PDF, 13,8MB)

Porque este 2012, ti creas tendencia.

Feliz ano a todos de parte de todo o equipo de Disquecool!

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *