Volven os 70 ás paredes: volve o papel pintado

*Colaboración de María Villamarín

Rafael Poulain

Que sensación sacar o papel a tiras! Non podo facer outra cousa que lembrarme da cara ‘de película’ do pai de Amélie Poulain. Ese señor tan serio ao que lle gustaba facer cousas tan raras… Pois vai ser algo que teremos que evitar a partir da agora, ou se o facemos será para poñer outro por riba. Porque chegado o século XXI regresa o elemento decorativo máis popular da década dos 70: o papel pintado.

Houbo un tempo no que o papel pintado foi substituído por paredes pintadas con cores lisas. Quizais porque daquela buscábase unha decoración que non semellase a casa da túa avoa. Pero o retro volve (por se non quedara claro) á roupa e tamén á decoración da nosas casas. Podemos falar de papel dunha cor única ou con posibilidades de ser customizado, ao gusto do propio usuario. Incluso pasa a estar presente nos cuartos de baño e cociñas debido a súa fácil instalación. A verdade é que chega a sorprender algunha das súas propiedades. Hai papel de parede con certificado ignífugo, lavables e resistentes á luz do sol. Algúns presentan tratamentos que repelen o po, a sucidade e a humidade. E mesmo papeis de celulosa 100% que ás veces incorporan tratamentos antibacterias. Impresionante!

Papel pintado

Agora as nosas paredes poden lucir deseños en branco e negro. Para os máis vangardistas hai propostas que revitalizan a arte pop de Roy Lichtenstein ou mesmo estampados psicodélicos. Quen non sexa tan atrevido pode probar con empapelar unha única parede cun tipo rechamante creando un contraste visual elegante. Para os recibidores resérvanse as escenas bucólicas e campestres. Mentres que para os salóns e espazos de lectura aconsellan cubrir as paredes con tradicionais estampados florais cun toque lixeiro, nada recargado. Cando falamos das habitacións e dormitorios as cores deben ser delicadas, xa que o que buscamos debe ser un clima relaxado.

Non debemos esquecer que isto é o que din os que saben de deseño de interiores, logo sempre podemos variar. Hai moitas posibilidades, algunhas podemos velas na páxina de Leroy Merlin (onde ademais de papel pintado podemos conseguir grecas de papel e stickers ou vinilos de parede). Logo hai outras apostas máis orixinais e conseguidas como as que presenta a deseñadora Deborah Bowness.

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará