Loving Ideas, un novo concepto de decoración

Imposible non reparar nos globos rosas que penden do segundo piso do número 29 da Rúa Peregrina en Pontevedra. Máis imposible aínda non sorprenderse cando Maruxa Justo abre a porta de Loving Ideas, un concepto singular e innovador que engloba moitas cousas á vez: un proxecto persoal, o espazo de traballo desta arquitecta de interiores e un lugar onde atopar tendencias en decoración, mobles vintage, moda e complementos.

Altos teitos, brancas paredes, pezas únicas, influencia nórdica e calidez agárdannos ao outro lado do limiar. Maruxa móstranos o dormitorio, o cuarto dos nenos, o baño, unha habitación que é un xardín, a cociña, o salón e a sala deste piso antigo que restaurou para facer del o seu proxecto persoal e profesional. “O debuxo en 3D é moi frío, esta casa permíteme mostrar á xente como pode ser a súa casa”, explica. Quen se achegue a Loving Ideas poderá atopar a asesoría en decoración de Maruxa, pero non só. No dormitorio poderá adquirir prendas de marcas como SiSiMú, Cutie e We are Knitters e xoias de Cristina Zazo e Valeria Líbano. Na habitación dos nenos a firma protagonista é Ma petite Juliette, mentres que coidadosamente situados por toda a casa repousan xoias vintage e obxectos de decoración únicos.

Maruxa estudou Empresariais e Arquitectura de Interiores en Madrid, profesión que leva no sangue, xa que a súa nai é tamén decoradora e conta cun establecemento na cidade, Ideas Mobiliario. Tras traballar con ela decidiu emprender o seu propio camiño con Loving Ideas, “unha alternativa en Pontevedra no mundo da decoración, algo máis mimada e diferente”. Da liña de traballo da súa nai conserva “o seu bo facer”, pero adaptándoo ao seu estilo, “máis reflexo da miña forma de facer, pensar e vivir”. O seu legado transcende tamén á propia denominación do proxecto, que conserva parte do nome de Ideas Mobiliario, aínda que en inglés.

Esta arquitecta de interiores confésase unha namorada do moble nórdico, algo que se nota no seu piso da Peregrina. Outras das súas debilidades son “a cristalería e as vaixelas”. “Ademais encántame viaxar, ir aos mercados das cidades, e tamén me gustan moito as teas”, apunta Maruxa.

Loving Ideas acaba de abrir as súas portas e estase dando a coñecer a través de pequenos eventos como unha Knitting Party, da que vos informaremos con todo detalle nos próximos días.

Fotos | Disquecool

Shares

1 comentario

  • buenas tardes, somos una empresa de complementos y hemos visto loving ideas y nos ha encantado, nos gustaría que miraseis la web y nos dijeseis si os podría interesar.
    Somos de Valencia y aquí se vende muy bien, esta semana hemos salido en la revista HOLA, por si quereis verlo.

    Muchas gracias!y felicidades por la tienda!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *