Arte&Deseño, Slide — 15/03/2012 19:10

6 cámaras vintage (e dixitais)

Escrito por

Non son tecnicament unha reflex (non teñen espello), pero chamarlles compactas sería inxusto. Cada vez hai máis xente que as chama “mirrorless” (sen espello), pero nós hoxe ímolas chamar “vintage”. Vintage porque básicamente lembran, e moitas se inspiran, nas antigas cámaras teleméticas ou nas pequenas compactas da segunda metade do século pasado. Pequenas, con boas ópticas e sensores máis grandes cas típicas compactas, énchense de controis manuais para satisfacer tanto ao fotógrafo profesional, servíndolles de segundo corpo, coma a aficionados que buscan algo máis, ou modernos con cartos que as viron en mans de famosos.

Leica M9. A M9 non ten que imitar a ninguén, é a auténtica herdeira da cámara que deseñou a fotografía como a coñecemos. Calidade de imaxe, acabado perfecto, figura exemplar e ese punto vermello polo que tanta xente esta disposto a pagar o que sexa. Se queres ser coma Brad Pitt, só necesitas 5.450€

Olympus OM-D. A estética retro non ten que mirar sempre moi atrás, por que a OM-D ten unha estética que nos lembra á mítica serie OM de película, e máis específicamente aos deseños dos 80. Olympus retoma a tradición de facer cámaras boas, simples e pequenas e adopta o sistema de ópticas Micro Cuatro Tercios, co que poderás utilizar un gran número de lentes de varias marcas. Pronto poderás mercala por uns 1.100€

Fujifilm X-Pro 1. Fujifilm toma forza e crea unha nova gama xunto coa  X100 e a X10. En comparación cos coloridos e formas casi infantís da maioría das cámaras, a X-Pro-1 é a máis retro das retros (con permiso de Leica). Ópticas intercambiables con balloneta propia (18mm f/2, 35mm f/1.4, 60mm f/2.4 macro) e un corpo sólido de aluminio xunto con boa calidade de imaxe fan que sexa digna dos mellores ollos fotográficos. O seu precio rondará os 1.700€

Lumix GX1.  Menos vintage, pero non por iso menos atractiva. É das Micro Cuatro Tercios máis pequenas, pero mantén as preferencias e ergonomía dunha cámara para profesionais. Xunto coa familia de ópticas de Panasonic, é a perfecta compañeira para viaxar. Cunha excelente calidade de imaxe é a reina indiscutible do seu rango de prezo, tela por 549€

Nikon V1. A mítica marca xaponesa tardou en sacar a súa cámara sen espello, e fíxoo á súa maneira. Coa sua propia montura e xogo de lentes e cun sensor máis pequeno que as súas compañeiras de gama, esta V1 ten o seu maior atractivo no seu deseño, limpo e liñas claras. Unha opción un pouco menos “profesional”, pero moi bonita para levar colgada. Tela en branco e negro por uns 700€

Canon G1 X. Un paso máis na elvoución da que probablemente fose a primera “compacta para profesionais”. A G1 X redeseña a grama G de Canon e comprime no tamaño dunha compacta (grande, iso si) todas as vantaxes dunha reflex. Cun sensor practicamente igual ao dunha reflex e unha moi boa lente, esta cámara forzará ao resto das compañías a ir un pouco máis alá na calidade de imaxe e esquecerse de millóns de píxeles e pantallas táctiles que non aportan nada. Xa a podes mercar por uns 700€

Foto portada | Andrés Fraga 

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...


Comparte en Chuza Difundir a nova en Cabozo

Deixa un comentario

— obrigatorio *

— obrigatorio *