L’Extraordinaire Uchronie: Santiago pásase ao steampunk

A fin de semana ten unha cita case ineludible en Compostela: chámase L’Extraordinaire Uchronie e organízao Sentinel Wardrobe. Será este sábado e dará á cidade un estupendo – e moi cool – aspecto vitoriano, steampunk mediante.

A xornada quere conmemorar o 111 aniversario da suposta escritura do suposto relato curto ‘2011, L’Extraordinaire Ville des Étoiles’, no que un suposto Jules Verne falaba de como ía ser Compostela no 2011. Se Verne escribiu ou non ese relato, é algo que deberíamos consultar nunha boa biblioteca… aínda que que o escritor galo estivese na cidade dáse por suposto, polo menos polos organizadores do acontecemento.

Segundo as súas teorías, Verne aproveitou unha estancia en Vigo, a finais do XIX, mentres lle reparaban o iate para subir a Compostela. Alí podería ter coñecido a Manuel López Navalón, un fascinante especialista en cegueira moi pouco coñecido a día de hoxe. Curiosamente, unha das novelas de Xulio Verne post-viaxe foi editada, na súa versión en castelán, en Santiago e non en Barcelona como era habitual. A razón desta mudanza de cidade editora estaría, por suposto, en López Navalón, segundo os de Sentinel Wardrobe.

Como Verne puido imaxinar a Santiago no 2011 é o tema do día: haberá un pícnic, un baile vitoriano no Casino e visitas guiadas á Casa da Troia, así como unha chea de actividades steampunk. Tamén haberá un xogo de rol e unha gymkhana de enigmas por toda Compostela.

Os organizadores son os mesmos que o ano pasado crearon a Imperial Stormtroopers e os seus obxectivos son moi interesantes. Non só queren homenexear a Jules Verne, como explica no dossier de prensa, senón que ademais queren “incluír a Galicia no circuíto de movementos e tendencias culturais emerxentes”.

Como complemento á xornada, unha exposición na Casa das Asociacións compostelana (a antiga estación de Cornes) explica que é o mundo steampunk e recorda a Verne.

Máis información no programa ao completo

Foto|philcampbell


Shares

3 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *