Traxandaina, o traxe aldeán de garda nas terras de Lugo
Na Capela de Santa María, Lugo, ata o 1 de xuño
A historia da moda é fascinante. A mostra promete mostrar traxes de ‘domingar’ (xa sabedes, tradicionalmente, o top do que un tiña no armario) das mulleres da provincia de Lugo entre finais do XIX e principios do século XX.
Día do Libro
Non cremos que teñamos que dicir moito para convencervos de que celebredes como corresponde esta xornada (lembrade, o próximo 23 de abrir). Mercade libros, ide á biblioteca, dedicade a tarde a ler.
Festa do Banquete
Carballeira de Conxo, Santiago. O 21 e o 22 de abril.
Xa perdemos o paseo teatral que fixeron polas rúas de Santiago lembrando os momentos previos ao banquete (e lembrando a historia do XIX en Santiago), pero aínda estamos a tempo de ir ao ‘día grande’ (que serán dous). Lembrando o aniversario do Banquete de Conxo (que foi en 1856) haberá actividades para nenos, degustacións, xantar popular, mercado do libro e da artesanía, mesas redondas e unha visita guiada polo bosque do banquete.
Unha mirada de antano
No Café Moderno, Pontevedra, ata o día 21
Vamos a comisión con Ruth Matilda Anderson? Non, prometemos que non. Sabemos iso si que sodes moi fans (os artigos que lle dedicamos sempre teñen moito éxito). Por iso, lembrámosvos que as fotos de Ruth Matilda Anderson estarán en Pontevedra ata o sábado 21.
Fotos | Turismo e Cultura. Deputación de Lugo e Concello de Santiago