A publicidade é un elemento moi importante para comprender como cambian as sociedades e o que os seus cidadáns queren ou esperan. Mirar na hemeroteca os anuncios do pasado permite descubrir moitas cousas que outras fontes non nos din tan claro. A imaxe da muller, por exemplo, e os cambios sociais que modificaron a súa posición son vistos dun xeito ás veces moito máis claro vendo como cambian os anuncios que analizando sesudos textos científicos. A publicidade non só axuda a comprender como foi o pasado senón que tamén modifica moitas cousas no presente. Aí está a razón, por exemplo, de que sexa tan importante que os anuncios de xoguetes fuxan dos clichés. Os anuncios axudan a normalizar cousas ou a asocialas a percepcións totalmente distintas. Tendo en conta que as cousas que saen nos anuncios son sempre obxectos de desexo o como se venden ten moito peso.
Por iso, a publicidade en galego foi (e é) tan importante, posto que axuda a normalizar a posición da lingua e a darlle valor. Os anuncios en galego apareceron a finais do século XIX nos medios de comunicación, dun modo paralelo á aparición da prensa no mesmo idioma. O galego apareceu nos anuncios cando empezaron os medios en galego. Entre 1880 e 1890, nacen os primeiros anuncios en galego e con eles a necesidade ou o altofalante para meter publicidade en galego. Ata entón o galego tiña aparecido, como lembran na web da RAG, dun xeito máis ou menos residual noutros anuncios, nos que usaban o galego para engadir un par de frases.
O primeiro anuncio plenamente en galego é este, das máquinas de coser Singer, que apareceu en 1876, máis concretamente o 5 de novembro e en O Tío Marcos d’a Portela (o que fai que o anuncio acabe de estar de aniversario: fixo 140 anos).
Para o voso disfrute, buscamos uns cantos anuncios máis nos medios do momento. Velaquí van os exemplos.
O Galiciano, 24/06/1888 (e son en verso!)
A Monteira, 1889, outubro
Almanaque Gallego, 1895
Esta publicación da Coruña tiña 25 páxinas só de publicidade en galego. Velaquí algúns exemplos
lhp5kz