7 anuncios virais do Nadal 2016

hm-wes-anderson

O Nadal xa está aquí. Posiblemente leva estando aquí semanas xa, pero non nos parecía alá moi ben empezar a compartir contidos navideños tan pronto. Por iso, é a pesar de que os virais do Nadal levan semanas circulando pola rede decidimos agardar ata que chegara decembro. E agora si, velaquí van: estes son os anuncios máis virais do Nadal.

H&M Wes Anderson

É posiblemente o anuncio favorito dos modernos en Nadal e está xa entre un dos vídeos máis de tendencia en YouTube en España. H&M contratou a Wes Anderson para que lle faga o anuncio de Nadal. Un tren con moitas horas de atraso serve para contar o que é realmente importante.

McDonald’s

Unha pobre boneca quere que alguén a leve a casa, pero ninguén repara nela. Por suposto, no McDonald’s do outro lado da rúa atopa a solución.

Apple reinventando a Frankestein

O que máis nos gusta do anuncio: aparece Mary Shelley, a autora detrás da novela. Apple xoga con clásicos literarios e tamén co elemento que sempre se usa (e funciona, por iso botan man del) da publicidade destas datas, o emocionante para nos facer chorar.

O da Lotería de Nadal

É xa o anuncio do Nadal por excelencia en España, o que un espera ano tras ano (para amalo ou para odialo). O deste ano é… debatible. Xa tiven moitos debates sobre o tema e escoitei unhas cantas teorías, pero podedes deixar as vosas nos comentarios. Por que non lle din a verdade? Por que?

Aldi

Un conto de fadas protagonizado por unha cenoria obsesionada por participar na noite de Nadal (e que ten, pensádeo ben, pensamentos un tanto suicidas…) É unha das incorporacións británicas do listado e os británicos, ben o vemos ano tras ano, son quen máis virais de Nadal crean.

John Lewis

Os animais son un recurso seguro, xa sexa para os gifs, para os vídeos virais ou para os anuncios. O anuncio de John Lewis é un dos que se fan rapidamente virais en todo o mundo (a pesar de que é dunha marca británica) e, tras anos de facer chorar e chorar, este ano meten animal e sorriso.

Ikea Bélxica

Pode que sexa unha das sorpresas, porque sae de Bélxica, pero xa empezou a circular polos medios estadounidenses. Uns nenos emprenden unha misión durante o Nadal…

 

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará