5 clásicos cool

Poden os clásicos da literatura ser cool? Probablemente non, no senso de que non van pórse de moda. Xa pasou o seu momento, e desde hai xa moito “clásico” e  sinónimo de “tostón”. Que si, que haberá xente molona que os lea, pero non me imaxino de hoxe para mañá os metros cheos de xente lendo, por exemplo, ‘Hamlet’. (E digo isto comparándoo coa miña experiencia en Barcelona nos tempos nos que saíu unha das novelas de Murakami: víala por todas partes).

O caso é que se o que buscamos son libros cun contido (e/ou unha forma) que estea de moda agora, pero que sexan clásicos en sentido amplo, é dicir, libros famosos de outros séculos,  ocórrenseme alomenos cinco.

1. ‘A Odisea’, de Homero. Emigrar está de moda. Xa sei, xa sei, as condición laborais en Alemaña son mellores que en España, pero non só é iso. Vivir no teu país é aburrido. Se molas vas coñecer mundo, viaxas, e sentes certo nerviosismo cando pasas máis de tres meses no mesmo lugar. Segundo os estudiosos, iso tamén lle pasaba a Ulises, pobre, que cando deu chegado a Ítaca entroulle unha depresión. Cres que iso non vén especificado no libro? Ben, para sabelo, terás que lelo. E podes crerme que Ulises montábase toda a historieta de que quería volver xunto a Penélope, pero ben que gozaba das aventuras que lle pasaban por diante. Viaxar é emocionante, e Ulises foi o primeiro en decatarse.

2. ‘Poemas’, de Catulo. Cayo Valerio Catulo era un tío súper guay, novo, orgulloso, popular, egocéntrico e que, se houbese Facebook daquela, no seu estado sentimental poría, sen dúbida, “é complicado”. Os seus poemas dedícanse ou ben a insultar ou ben a falar do seu amor. E os poemas de amor, moi apaixonados, son ao mesmo tempo, plenamente verosímiles. Cheos de odio, pero é o prezo a pagar por iso de ter relacións modernas con mozas que claro, son unhas frescas.

3. ‘Vida e opinións do cabaleiro Tristram Shandy’, de Laurence Stern. Esta novela é unha oda á digresión, forma de pensamento moi en auxe hoxe en día. O único que fai Tristram Shandy na obra da que é protagonista é barrenar. Nin nos conta a súa vida nin as súas opinións, só barrena, fala con nós, déixanos espazo na súa obra, que quere, finalmente, ser interactiva. Todo iso aderezado con boas doses de humor intelixente, aínda que non estou segura de se iso é cool ou non.

4. ‘O sobriño de Rameau’, de Diderot. Contrapón o pensador co vividor, e gaña (aínda que non queda moi claro) este último. Trátase dunha obra moi moderna, moi crítica coa sociedade hipócrita do momento (que ben podería ser a nosa) e que se desenvolve en forma de diálogo entre o filósofo e o sobriño de Rameau. As opinións cínicas do sobriño, que defende a inexistencia de amor ou amizade, a falta de utilidade da educación, e o feito de que cada quen so mira polo seu ben, a min sóanme bastante.

5. ‘Vermello e negro’, de Stendhal. Unha das mellores novelas de todos os tempos e moi cool. Por que? Porque o seu protagonista é ambicioso e sen escrúpulos, e ao mesmo tempo un tipo moi atractivo (e non me refiro só ao seu físico). A ambigüidade moral está de moda, dicir que che cae ben Lex Luthor e non o sosainas de Superman. En ‘Vermello e negro’, é difícil non xulgar ao protagonista, pero tamén é difícil non entendelo… O perfil psicolóxico é de 10.

Quero saber os teus! Que  clásicos che parecen cools?

Foto | Funkdooby

Shares

    Etiquetas

    1 comentario

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *