Se cadra, o mellor día para comprar un libro de éxito non é o día no que as librerías celebran o día do Libro. ‘Asasinato no Consello Nacional’ é o derradeiro bestseller galego, un exercicio de política-ficción cheo de mentiras, medias verdades e nacionalismo galego.
“Non o temos”, explican nunha librería santiaguesa. E a libreira confesa: “é a cuarta vez que nos pasa”. Algo que será moi habitual con ‘El tiempo entre costuras’ ou o gran boom de Ken Follet, pero que non pasa tanto cos libros en galego. Na librería na que si o tiñan tiveron que ir ata o almacén para conseguir os dous derradeiros exemplares.
A primeira recomendación sobre este libro é non leer a contraportada. As contraportadas dos libros son habitualmente un enganabobos que fan quedar ao libro máis miserento como o mellor a ler polos tempos venideros. O resume deste é gris e, para colmo, ten un spoiler terrible. Se se lee sen saber que iso vai ocurrir, como foi o caso, é un golpe de efecto marabilloso.
E o segundo, unha crítica: nas primeiras páxinas aparecen demasiados personaxes, demasiados nomes e demasiados parlamentos. Algúns personaxes din demasiadas cousas (aí está a parrafada eterna que chega a soltar Benito). Na tele ver a tanta xente non importa: tes as caras para quedarte con eles e non mesturalos. No escrito pode ser un lixeiro lío.
Pero non pasa nada: porque ‘Asasinato no Consello Nacional’ é un estupendo bestseller. E ollo: iso non é nada malo, é estupendo!, sobre todo nunha literatura tan necesitada deles e tan chea de textos plomizos como é a galega. Lese dun tirón (engancha!) e ningunha das tramas acaba por aburrir. Hai unha historia policíaca (quen matou a Marcos Dacosta?), unha historia política (si, Marcos Dacosta é un político… do BNG… sustituto de Quiroga que acaba de perder as eleccións contra o PP) e unha trama histórica (con moitas subtramas e moi ben metida na trama).
E aínda que a trama política non sexa máis que ficción (realista ficción…) da moito, moito, moito que pensar.
Recomendado!
Foto | Andrés Fraga
*Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras, está editado por Xerais
1 comentario