Disquesorteo: unha bolsa de Miolos Design polos nosos 5.000 fans en Facebook!

Disquecool sodes vós. E sodes moitos. Terminamos un mes de xullo cun tráfico estupendo grazas á vosa inquietude por saber como sobrevivir a Santiago, que terrazas visitar e como pasar o verán por Vigo. E iso que quereriades ser máis produtivos, verdade? Ademais, superamos a barreira dos 5.000 fans no Facebook e é motivo de celebración!

Aparte da nosa eterna gratitude (e un aviso de que compartas a páxina con toda a xente que coñezas, que seguro que lles encanta…) imos sortear unha bolsa de Miolos Design entre todos os que comenten este artigo respondendo unha simple pregunta. Xa que estamos no verán e é a mellor época para pasear… con que galego ilustre –vivo ou morto– che gustaría dar un paseo e por onde? Falaríades do sentido da vida ou de onde se come o máis exquisito polbo?

Entre todas as respostas recibidas antes do venres 14 ás 12:00 do mediodía, seleccionaremos unha ganadora que se levará unha bolsa modelo Tribal de Miolos Design. A que esperas para lucir unha coma esta?

Una foto publicada por Miolos Design (@miolosdesign) el

Shares

50 comentarios

  • Noelia di:

    O ilustre Álvaro Cunqueiro recibiríame na praza da Catedral de Mondoñedo. Longas conversas me daría nese lugar co encanto da pedra e das galerías acristaladas. Vagaríamos polo barrio dos Muíños e mesmo seríamos capaces de recuperalos, de facelos traballar, de volver a ter eses oficios tradicionais e artesanais que lle deron a sona…

  • Olalla di:

    Con Cunqueiro, que tanto che da pra falar coma pra facer unha boa ruta gastronómica

  • María José di:

    A min gustaríame pasear por Baiona e Nigran con Carlos Casares, recordando as tertulias que el facía cada verán

  • Helena di:

    Con Rosalía de Castro, tería tanto que conversar…

  • Berta di:

    Con Castelao, saber das suas inspiracions e do seu apego a terra ainda estando lonxe,esa morriña que tanto no pasado como no presente sigue sufrindo moita xente

  • Sheila di:

    Con Castelao ou Rosalía de Castro, gustaríame saber as súas opinións da actualidade do século XXI

  • Carmela Cañedo di:

    Eu escollería ao físico e metereólogo Martín Barreiro para dar un paseo pola Lanzada e ir falando dos fenómenos meteorolóxicos, o tema o tempo sempre foi moi recurrente

  • David di:

    Pasearía co gran Pucho Boedo polas rúas da Coruña. Despois de facer un ‘selfie’ no seu monumento colleriamos unha porta da Consellería do Tempo (TVG, merca os dereitos, por favor!) para achegármonos ao Casino de Noia e alí, tras nos atopar con Prudencio Romo, rememoraríamos os concertos de Los Tamara.

  • Maruxa Martínez di:

    Iría pasear pola Coruña con Emilia Pardo Bazán para que me falase da súa vida en París.

  • Ana di:

    Eu iríame a pasear por Coruña con Manolo Rivas, a conversa sería o de menos, o mellor é escoitalo.

  • Tania di:

    Iríame a tomar albariños con Vicente Risco. Teño moitísimas preguntas sobre política que facerlle (das que só con viño atoparán resposta).

  • Alba di:

    Sen dúbida, co meu adorado Lois Pereiro. Pasear polo Incio, por Monforte, pola Coruña… E percorrer o mundo en tren coma el.
    Camiño do futuro libremente!

  • Diana di:

    Eu pasearía con Rosalía por Bonaval!

  • Noa Díaz di:

    Pois eu iríame de cañas co Ilustrísimo Quico Cadaval, pola zona vella de Compostela, para que me contase, un detrás de outro, todos os seus xeniais monólogos. Bueno, realmente faría falta unha semana enteira… ;-)

  • Rocio di:

    Eu faríao con Alejandro Finisterre, ilustre inventor do futbolín. Falaría de como se sinte o ver que un invento teu non é recoñecido como tal e xuntos buscaríamos unha forma de darlle o que se merecen ;)

  • PAULA MORAIS PORTO di:

    Eu escollería a Valle-Inclán, xuntos percorreríamos Vilanova, Pontevedra e Santiago escoitando a súa particular visión esperpéntica da realidade..

  • Ana Cosque di:

    Eu elixiría a Martiño Noriega, e que me conte como se sente nestes últimos tempos

  • sabela di:

    Eu con Manolo Rivas a dar un paseo polo Pasatempos de Sada e que me fale da vida

  • Marcos di:

    Eu pediríalle a Exeria que repetira a súa viaxe do século IV comigo, que me contase en primeira persoa como se vivía durante a Pax romana e o monte de anécdotas e historias que ha de ter daquel momento. De paso preguntaríalle se ten algunha copia da primeira parte da súa obra, e de ser así cederíalla a Disquecool en exclusiva!

  • Laura di:

    Eu ía elexir a María Soliña, canguesa e bruxa. Pero depois de ler o Faro de Vigo claramente teño que elexir falar co cura de Vilanova, Don Tucho. Cun home da iglesia q promociona o Festival Rockin Vila teño moito que debatir.
    Adxunto proba dos feitos narrados: http://ocio.farodevigo.es/agenda/noticias/nws-436966-don-tucho-estrella-rock.html

  • Nua di:

    Eu gostaria de pasar unha tarde con Maruxa e Coralia. Vestir de moitas cores, maquillarnos e saír á rúa a lanzarlles piropos aos estudantes.
    Despois iríamos coller flores ao campo e faríamos coroas con elas, deitadas na herba ollariamos as nubes, cantaríamos cancións.
    Á tardiña iríamos xogar á billarda e para finalizar tomaríamos un xeado de leite merengado.
    Acompañarías ata casa e, dende a súa pequena fiestra, despediríanse de min.

  • Verónica di:

    Pasear, pasear non é, mais eu iría de foliada polas tabernas coa xentiña dos Diplomáticos de Monte Alto, que parece máis axeitado.

  • Pau di:

    Pois eu con Rosalía polas beiriñas do Sar en Santiago en verán, que está moi bonito , e seguro que lle viña a inspiración e podería escoitar os seus poemas.

  • Patricia di:

    Eu daría un longo paseo con Álvaro Cunqueiro e aproveitaría para que me contara os segredos non escritos no seu libro de cociña galega.

  • Anxela Chillón di:

    Eu iríame con Castelao á solaina de Trasalba do pazo de Otero Pedrayo, para que me descubrira as cousas da vida das que namorar nesta nosa Galiza de sempre, mentras observamos cun licor café na man o solpor do día e da vida.

  • Clara di:

    Con Rosalía, de picnic á beira do Sar :)

  • moraima di:

    Iría con Rosalía a dar un paseo e culminaría cunha cea concerto de “Os da Ría ” ..

  • Marta García Márquez di:

    Eu escollería a don Urbano Lugrís. Iriamos de viños por esas tabernas coruñentas que un día frecuentou e con sorte pode que nalgunha delas, sacase de pincel para traer o seu universo atlántico máis preto de nós. Alí, entre baleas xigantes e capitáns de barcos, Lugrís e eu falariamos de todo e de nada á vez.

  • Pedro Domínguez di:

    Pois estaría ben dar unha volta por Pontevedra con Alexandre Bóveda.

  • Uxía di:

    Un bo paseo nocturno pola zona dos viños de Ourense con Blanco Amor, con paradas en furanchos e tabernas das de antes para emular ao Cibrán, ao Bocas e ao Milhomes!

  • Cristina García di:

    María Casares falaríame de Camus e de Bresson, mentres imos nun barco pola costa dende Coruña ata Ferrol.

  • Pois eu iría con Lois Pereiro para o Bairro de San Pedro, falar da levidade da vida e beberlle unhas cervexas á saúde dos dias pasados!

  • Brian Habana di:

    Com Cristina Castaño, iria dar uma voltinha por Estaca de Bares, ao chegar ao lugar mais alto da falésia supliaria para que deixasse de fazer o “La que se avecina”

  • Fabian di:

    Eu iría con Filgueira Valverde ao Marisquiño, en Vigo.

  • O. di:

    eu iría de viños por compostela con anxo rei ballesteros. pediríalle que non levase o uniforme da lexión e que contase todas (todas) as historias que quixese contar

  • José Lobato di:

    Con Castelao por a Muralla de Lugo. Despois iríamos de cañas e tapas por A Rúa dos Viños. Pago eu a cambio dun dos seus debuxos nun servilleta de, por exemplo, o Pazo das Pombas.

  • Silvia LG di:

    Pasearía polo parque de Bonaval de Santiago con Xaquín Lorenzo. Falaríamos de xogos, pero tamén do Grupo Nós, da guerra civil, da etnografía galega, do museo do Pobo Galego…

  • Breo di:

    Con Plácido R. Castro por Irlanda ou Corcubión.

  • Xosé Manuel Flores di:

    A min gustaría ir de merenda con Manuel Maria po la área recreativa de Santa Isabel de Outeiro de Rei

  • Raquel de Penas di:

    Pois eu iría pasear polo roteiro modernista de Barcelona coa persoa (ou colectivo) do concello de Santiago que no seu momento decidiu derrubar o edificio Castromil da praza de Galicia, para que recapacitase/n a súa decisión.

  • Rocio di:

    Eu iría pasear con Valle-Inclán pola Alameda de Santiago, sentariamos onde a súa escultura e falariamos dos “esperpentos” da vida.

  • Graciela di:

    Eu sentaría na Quintana a escoitar as andanzas de Laxeiro en Bos Aires.

  • Ana García di:

    Pois eu elexiría a Florentino Cuevillas, para que me fixese unha visita guiada por San Cibrán de Lás ou me invitase ás tertulias literarias do grupo ourensán nos anos 20

  • Ro di:

    Eu iría de cuncas con Lois Pereiro pola zona vella de Compostela para falarmos das nosas penas

  • Rufa di:

    Con Rosalía de Castro, sería toda unha honra.

  • Olalla di:

    Con Valle-Inclán pola Ferradura da Alameda Compostelana, para que me conte de Josefina e da M. Xirgu.

  • Catherine García di:

    Eu daría una volta con Asorey polo seu Cambados natal, para que me contase cales foron as vivencias que influíron nel e plasmou nas súas esculturas.

  • Ana di:

    Con Maruja Mallo porVivero que me hable de la ėpoca que le toco vivir, de su obra.

  • Concurso pechado e gañadora contactada! Graciñas a todos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *