Xa sei que ninguén cre nos premios Oscar (ou polo menos, na súa capacidade para valorar filmes) desde que ‘Titanic’ conseguiu 11 estatuillas. Pero o certo é que facer quinielas cos posibles gañadores cada ano que pasa está máis de moda, e un non quere sentirse excluído dos xogos. Aínda que non teña nin idea de cine. Aínda que non vise ningunha das películas.
Pero nada de entrar en pánico, que para a cerimonia faltan 3 longas semanas e ti estarás preparado para apostar moito antes. Que mellor que adicar unha fin de semana de choiva a ver cine: aquí tes os tráilers de todas as películas finalistas para que vaias entrando en materia (e non o imos dicir en voz alta, pero se o único que queres é aparentas, pode que ata o deas feito con só ver estes resumos).
O francotirador
Birdman
Boyhood
Gran hotel Budapest
The imitation game
Selma
A teoría do todo
Whiplash
E como bo hipster, tamén deberías ter claro cales son as nominadas a mellor película de fala non inglesa.
Ida
Leviathan
Tangerines
Timbuktu
Relatos salvaxes
Boyhood é moi boa, aínda que aburra saíndo a primeira en todas as listas de mellores peliculas de 2014. Pero é moi boa!