Borges e outros escritores con doodle

Hoxe Jorge Luis Borges cumpriría 112 anos e Google festéxao cun doodle especial no que o escritor mira os mundos que el mesmo creara. Os doodles de Google son un dos elementos máis populares do buscador: nas datas sinaladas, disfrazan o logo da marca e convérteno tomando como base o tema a lembrar. Así foi un xogo – xogable de verdade – naquel xa mítico no aniversario de PacMan ou tomou estilismo Sorolla na data do nacemento do pintor.

Os escritores son uns dos homenaxeados habituais de Google, que festexa ás letras con doodle especiais en cabodeanos, cumpreanos ou aniversarios de publicacións. Tiveron o seu doodle homenaxe Jane Austen, Mary Shelly (un lixeiramente sinistro que só se puido ver no seu país nativo) ou Hans Christian Andersen.

Estes son algúns dos escritores que foron homenaxeados no que vai de ano:

Jorge Luis Borges. O doodle de hoxe. Borges aparece co seu bastón, mirando o universo que reflexan as súas obras.

Jules Verne. Un dos mellores! O 8 de febreiro Verne tería feito 183 anos e Google adicoulle un doodle interactivo. Estes, nos que podes xogar con eles, non son os máis habituais e por iso acaban sendo os máis populares. Pódese ver, movendo unha palanca de navegación, o fondo do mar. Google non acabou con el cando pasou a efeméride e pódese seguir navegando polos fondos mariños.

Roger Hargreaves. O autor británico foi o responsable dunha serie de libros para nenos protagonizados por uns bonecos rechonchos cun tratamento de cortesía obrigado. En España foron os don e dona… Feliz, Pupas, Presumida… O mellor do doodle foi que tiña nada máis e nada menos que  16 versións. No 75 aniversario do seu nacemento.

Fernando Pessoa. Ademais dos doodle que pode ver todo o mundo porque Google os lanza de xeito global, tamén existen os que van a un mercado concreto. Así foi como nos quedamos sen o doodle de Pessoa, que no 125 aniversario do nacemento do poeta lanzou un doodle especial para Portugal e Brasil. Os doodle limitados tamén homenaxearon a Almeida Garrett, un escritor romántico portugués; a Khalil Gibran, ou a Dorothea MacKellar, unha escritora australiana non moi coñecida alén das antípodas.

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *