5 novos escritores con doodle

Hoxe, Federico García Lorca faría 115 anos e, por iso, Google lémbrao cun dos seus habituais doodles. Lorca non é o primeiro escritor que é homenaxeado cun doodle. Borges, Fernando Pessoa ou Jules Verne tamén tiveron os seus propios doodles. Os doodles son un dos elementos máis populares do buscador, que convirte o seu logo nunha ilustración (ou nun xogo ou unha animación!) en ocasións especiais. Todo comezou cando, nos comezos da empresa, os fundadores de Google, Larry Page e Sergey Brin, puxeron unha ilustración na páxina de inicio do buscador para indicar que estaban na festa de Burning Man aos seus empregados. A idea acabou converténdose en tradición. Hoxe, os doodles de Google (que teñen un equipo especial de deseñadores traballando neles) son agardados polos usuarios do servizo e comentados con entusiasmo nas redes sociais. Pode que Google quede con todos os teus datos e saiba máis de ti que os teus pais, pero polo menos pon uns debuxos ben curriños.

Estes son algúns dos escritores que xa conseguiron doodle só no 2013.

Doodle García Lorca

Federico García Lorca. O poeta andaluz (e autor, non o esquezamos, deses ‘Seis poemas galegos’ que aparecían na zona das curiosidades do libro de galego) naceu tal día como hoxe de 1898. Debo confesar que non é o doodle máis identificable (o seu look and feel non é demasiado ‘Sleepy Hollow’?) Se navegades por outras versións de Google, veredes que só se pode ver dende España.

henrik_ibsens_google

Henrik Ibsen.  O autor de ‘Casa de bonecas’ foi homenaxeado no seu 185 aniversario, aínda que só o viron en Noruega. Tendo en conta que Ibsen escribía auténticos dramóns, o doodle quedou bastante riquiño. Podería ser unha comedia de misterios e asasinatos medio parvos. 

Ruben Darío Doodle

Rubén Darío. O pai do Modernismo tivo o doodle que merecía un esteta como el era e cun elemento moi modernista. Vímolo en España, Andorra e Xibraltar a mediados de xaneiro, cando se facían 146 anos do nacemento do poeta nicaragüense.

Baudelaire Doodle

Charles Baudelaire. Por desgraza só os franceses puideron gozar do homenaxe a Charles Baudelaire o pasado mes de abril, aínda que o autor de ‘As flores do mal’ é coñecido non só no seu país de orixe. E si, eu tamén me pregunto como co xogo que podía dar un poeta como este optaron por unha imaxe tan aburrida. 

Emma Gad

Emma Gad. Este só se puido ver en Dinamarca porque realmente a súa autora só é coñecida no seu país de orixe, pero cando vos conte quen era vós tamén desexaredes como fago eu saber un pouco máis sobre ela. Porque Gad foi unha socialite de finais do século XIX danés, que escribiu novelas satíricas e varios libros de etiqueta (que é o que se pode ver no doodle).

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *