Botes de fume policiais para facer arte

shapeB_H

Que beleza poden ter os botes de fume que os policías empregan para que a xente se disperse? A resposta é, a primeira vista, que ningunha. Parece imposible que uns botes cuns fins de entrada tan violentos podan servir para algo esteticamente fermoso. Pero iso é, xustamente, o que fai Filippo Minelli, un artista italiano que en Silence Shapes fixo unha intervención en espazos públicos empregando botes de fume. E o que nas manifestacións non resulta tan agradable, aquí convértese nunha sorte de aparición melancólica e etérea.

Minelli lanzou as súas bombas de fume en diferentes espazos de Europa, descontextualizándoas e enchendo o fume de cores. Deste modo, consegue imaxes que recordan ás paisaxes do Romanticismo e que están cheas dunha certa poesía. E así fai de algo violento, unha cousa fermosa. Se vos preguntades que hai máis alá da estética, dende Loewe, quen trae a obra de Minelli a España, apuntan que deste modo explora a complexidade e a diversidade da realidade, “retrantándoa como un crisol que permite diferentes liñas de investigación e no que a incerteza significa liberdade”.

shapeC_L

Por suposto, as intervencións de Minelli ademais de etéreas e fermosas son efémeras. Unha vez que o fume desaparece, a obra marcha con el. Pero para facelas máis ou menos eternas, Minelli captura esas intervencións en fotografías. Son esas imaxes as que agora chegan a España. Estarán no Espazo Loewe en Madrid ata o 16 de marzo.

Fotos | Cortesía de Loewe

 

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *