Street art para alixeirar as viaxes en transporte público

Unha das cousas que habituaba a contar cando vivía nunha cidade máis grande que Santiago era o tempo que me levaba ir a traballar. Como perdía minutos (e horas!, que cheguei a traballar a unha hora e media da casa) en chegar ao traballo. Era compartir semellante traxedia e todo o mundo sentía moita pena por min, estúpida que marchara vivir a unha cidade grande. Claro que non contaba o moito que aproveitaba o tempo para ler (que así non ten gracia!). Outra xente fai aínda cousas máis creativas, como  Joe Butcher, un ilustrador británico que emprega os 35 minutos de transporte público para chegar ao traballo para facer unha sorte de street art.

Butcher observa aos seus compañeiros de viaxe (que, por certo, é un das principais fontes de entretemento de viaxar en transporte público) e convérteos en parte da súa obra. Colle papel, boli e fai unha nova identidade para eles. E así debuxos animados, superheroes e similares viaxan con el cada mañá.

O resultado é moi divertido e marabilloso (e el mesmo está a compartilo en Twitter, aínda que xa existen recompilacións da súa obra en internet), porque xoga co xa existente para construír esas novas identidades. Podedes ver algunhas das súas intervencións na seguinte galería:

Imaxes e vía The Atlantic 

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *