8 calendarios cool para 2014

Decatámonos no Culturgal cando empezamos a ver pasear a xente con aquel Calendario Erótico do Galeguismo para 2014: o ano está a piques de rematar e vai sendo o momento de empezar a facernos cun calendario novo para a nosa parede ou mesa. Á espera de que Urco Editora faga unha reedición do impactante calendario erótico, lanzámonos á rede a buscar que hai xa por tendas online tipo Etsy para o ano que está a piques de empezar. E hai moito!

Algúns son en inglés, hai outro en francés, algúns en castelán e outro en galego. Xa sabes o que significa todo isto: segundo o que decidas, as semanas empezarán por luns ou por domingo, e os días festivos que aparezan marcados (que non sempre é así) terán que ver ou non co que vas vivir ti. Pero son tan bonitos que paga a pena renunciar a saber en que cae a ponte da Constitución a cambio de ter un calendario formado por bicis vintage. Estes son os que máis nos gustaron!

(pincha sobre unha imaxe para entrar na fotogalería)

1. Calendario 2014 de María Nóvoa (en galego!)

2.Calendario 2014 de Nuria Díaz

3. Calendario hipster (ObjectIndustrialArt)

4. Calendario con tocón de madeira (1canoe2)

5. Calendario bicicleta (CarolineMint)

6. Calendario Animal Lindo (loopzart)

7. Calendario deportivo (Michoucas Design)

8. Calendario TYPEWRITER 2014 (Project Party Studio)

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará