5 tendencias de moda para a primavera 2013

Aínda que parece que falta demasiado para poder abandonar abrigos e xerseis e adicarnos a ensinar camisetas de manga curta, o certo é que cada vez falta menos para que chegue a primavera, o sol, a calor, a felicidade… e as novas tendencias en roupa.

Estes días, de feito, as rebaixas dan os seus últimos pasos e os máis espelidos tratarán de mercar pensando na próxima estación (complicado, porque pouco queda). En todo caso, a estas alturas xa está bastante claro que haberá que levar se queremos ir como toooodos os entendidos  -á moda. A clave para o éxito, coma sempre, consiste en mesturar, ser fiel ao teu estilo e tratar de adiantarte aos demais. En Disquecool non estamos a dar botes de alegría ante as perspectivas de moda estivais, pero sempre hai algo que se pode aproveitar.

Aí van as 5 tendencias triunfadoras en moda de muller!

1. Estilo navajo
Estilo navajo
Flocos, plumas, e moito motivo tribal inspirado no salvaxe oeste (figuras xeométricas en cores que combinan o marrón con tons máis alegres). O estampado navajo ten bastante carácter, pero pode que para abril xa o teñas aborrecido.

2. Raias en branco e negro

Raias BN

Camisetas, pantalóns, chaquetas e ata zapatos énchense de raias ben anchas a dúas cores, especialmente verticais.

3. Bermudas

Bermudas

Tratan de facernos crer que esta primavera se levarán as bermudas, pero eu teño as miñas reservas sobre se alguén picará. Cando era pequena as bermudas parecíanme o maior despropósito posible (xunto coas ombreiras), hoxe podo verlles o seu toque chic, pero só se tes un estilo (e un corpo, para que imos mentir) moi determinado. Ou se o que queres é ir cómoda, claro.

4. Inspiración oriental

Kimono

Xapón serve de inspiración tanto nos estampados como nas formas, con vestidos e chaquetas estilo kimono e camisas co característico colo oriental. A miña tendencia favorita, pero a que menos estou a ver nas tendas!

5.  Ensinar barriga

Transparencias

Recordades aqueles anos de mocidade en que as mozas pensamos que podía ser bonito ensinar parte da barriga (ou a barriga enteira). Recordades despois como ocultamos aquelas fotos e pensamos que nunca máis levariamos algo así? Se botades un ollo ao último lookbook de Zara sorprenderavos a cantidade de barrigas que veredes, iso si, a tendencia inclúe tanto tops curtas ou con aberturas inesperadas como camisetas con transparencias, un pouco máis poñible.

Fotos | 1, 2, 3, 4, 5

Shares

2 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *