Unha chaqueta inspirada en quen a leva do revés

Xa se pode mercar a chaqueta Antonio, unha das apostas da divertida marca Miteta (da que xa vos falabamos hai uns meses) e que está, como algunhas películas, baseada en feitos reais. Como todos os produtos da marca, que se inspiran nos mozos de 80 anos, a chaqueta ten como referente a Antonio, que aos 83 anos perdeu a cabeza e comezou a levar a súa chaqueta sempre do revés.

chaquetas web791x759_camel frente

A chaqueta Antonio pode mercarse a través da tenda online de Miteta e custa 170 euros. Chega en dúas cores (camel e azul) aínda que ambas levan os detalles en rosa flúor e en tres tallas (S, M e L).  Todos os detalles que nas chaquetas americanas tradicionales están dentro, aquí van por fóra, o que permite ver os bolsillos e os coidados ribetes que sempre quedan agochados.

Foto | Miteta

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *