Cool ou non? Estampado porcelana

Agora que parece que por fin chegará a primavera, decátaste de que necesitas roupa nova. Durante meses, os abrigos e chuvasqueiros foron os teus mellores amigos, e cando vías bikinis nos escaparate case che resultaba insultante: maldita sexa! Non te vou precisar nunca?

Pero se Windguru non mente a próxima semana chegaremos aos 22 graos. Bikinis pode que aínda non, pero probablemente xa non dea tanta pereza rebuscar entre cazadoras, vestidos ou shorts. E entre as tendencias desta primavera 2013 unha te chamará a atención: é o estampado de porcelana. Ese mesmo que adoitábamos ver nas vaixelas dos palacio  museo e/ou nas celebracións na casa da avoa. Ese que, sexamos sinceros, nos parecía recargado e demodé antes de se converter en kitsch. Ese que, sexamos sinceros outra vez, nos empeza a parecer delicado e cun toque vintage, ideal para a nosa casa e mesmo para o noso corpo.

Porque o estampado de porcelana, sexa de inspiración floral chinesa ou pastoral Toile de Jouy, encheu as pasarelas hai uns meses, e hoxe enche (pequena esaxeración) as tendas low-cost. Súmaste ou non?

 

Shares

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará