5 prendas para sobrevivir á neve

Esta noite nevou un pouco en Santiago e nalgúns outros lugares de Galicia, así que a emoción xa nos embarga porque poderemos sacar do armario todas esas prendas ben abrigosas e ben quentiñas que algún día mercamos pensando en tempos máis fríos. Poderemos poñer gorro, guantes, orelleiras, boas katiuskas e todas as capas de roupa que nos apetezan porque… temos que sobrevivir á neve.

1. Gorros. Un básico! Hai que poñer un bo gorro para manter a cabeza quentiña. A nosa recomendación é un bo gorro de la feito na casa, pero se non tedes podedes botar man do pret-a-porter.

 2. Bufandas. Que mellor que unha boa bufanda de la para sobrevivir ao frío ou bo foulard ben tupido do que botar man antes de saír á rúa? E o momento para sacar a máis fermosa bufanda que teñades no armario.

 3. Guantes. Os guantes son un must para sobrevivir ao frío. Hai unha chea de apostas variadas e non é do máis caro dentro de todos os complementos para o frío. Ademais, se queredes facer bolas de neve (que a intención non caía vítima da realidade!) son máis que precisos. Todos son de Asos.

4. Capas. Se cadra non son o máis adecuado para o frío, pero son moi bonitas e temos que aproveitar mentres están de moda.

5. Orelleiras. Si, pode que o mundo non estea aínda preparado para elas máis alá de onde están a 20 grados baixo cero pero, ademais de ser moi quentiñas, non aplastan o pelo como os gorros.

Foto (home) |  opencontent

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *