Quen non ten no armario algunha prenda de roupa que leva anos sen usar, pero da que se resiste a separarse? Camisetas que xa non caben no noso corpo, pantalóns que xa non están de moda, ou simplemente, saias que aburrimos de tanto pór.
Toda esa roupa esquecida pode servir de materia prima para crear novas prendas, que nos volvan entusiasmar. Así, conseguiremos renovar o armario sen gastar apenas cartos, o que non está de máis nestes tempos de minimizar gastos e prescindir do superfluo. E ademais levaremos roupa como non atoparemos outra igual!
Algúns básicos da reutilización de roupa os coñecemos xa todos, como converter un pantalón largo en corto, ou unha cazadora vaqueira en chaleco. Outros te sorprenderán, como utilizar unha saia para facer un bolso.
Aquí vos deixo 8 ideas para sacar partido da roupa vella e convertela en flamante roupa nova.
1. Cortar unha saia longa
Se xa cansaches dalgunha saia longa, reutilizala é moi fácil: basta con cortala e terás unha prenda difente. Para un toque máis fashion, aposta por unha saia desigual, máis longa por detrás que por diante.
Podes aprender como facelo en A pair & A spare.
2. Facer uns shorts a partir duns jeans
Un clásico de cada verán. Se tes uns vaqueiros vellos podes prolongar a súa vida converténdolos en shorts. O corte en ondas encántame.
3. Facer un bolso a partir dunha saia
Que facer cunha saia que xa non queda moi ben, pero cuxo estampado é fantastico? Un bolso!
En Sincerely Kinsey.
4. Decorar unhas sandalias cun foulard
As sandalias con teas levan un par de anos moi de moda. Podes mercalas ou podes facelas ti mesma, cun vello foulard.
5. Converter unha cazadora en chaleco
Outro clásico. Só hai que cortar as mangas da cazadora para conseguer unha prenda nova. Menos práctica, pero moi ornamental.
6. Utilizar un vestido para facer un foulard
Un vestido de verán, cun estampado alegre e corido, pode server de base para un fantástico foulard.
7. Accesorios a partir dunha cazadora de coiro
Parece que da un pouco de mágoa destrozar unha cazadora de coiro, pero se estás disposta, podes facer con ela cinturóns e pulseiras varias.
8. Facer unha cesta con (moitas) camisetas vellas
Coa roupa non só podemos facer nova roupa, tamén produtos prácticos como unha cesta para casa. Iso si, precisaremos un montón de camisetas vellas.
En Corner Blog