Rodolfo Langostino déixache o abrigo!

Vale, xa sabemos: ao pobre Rodolfo Langostino só lle puxeran un foulard e un sombreiriño lixeiramente ridículo. Pero el en realidade aspiraba a levar o mesmo outfit que o seu insigne camarada conxelado, o Capitán Pescanova. Tras as katiuskas que farán que a túa nai deixe de falarche, chega o abrigo que só pode levar, con entusiasmo, unha trendsetter. Unha disquerredactora, á fin.

Pull and Bear lanzou neste outono un chuvasqueiro para a chuvia que recolle a alma do Capitán máis famoso do mundo dos conxelados e dos seus entusiasmados grumetes. Chega en cor amarela para os fanáticos de Pescanova e aqueles que buscan un total look (e que teñen máis personalidade…) e en azul para quen se atreven a menos e optan polo máis discreto.

Os dous modelos teñen un prezo de 29,90 euros (cada un) e están xa en todos os Pull and Bear de España e, por suposto, na tenda online.

O seu acabado non é tan plasticoso como podería semellar polo seu orixe e finalidade. Protexe perfectamente da chuvia (xa o testamos) e queda estupendo co look katiuskas-vestido girly que xa recomendabamos con anterioridade.

Pode que nalgún lugar con velas che recomenden sacalo porque é inflamable (historia verídica), pero vaga a pena incorporalo ao fondo do armario.

Cando chegue o outono-inverno de verdade, será un bo comodín para os días de chuvia.

Fotos | Pull&Bear

Shares

2 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *