Artigos etiquetados con: "Lugares Disquecool"
Raquel / 20/05/2013 9:24
Entrei na galería na que se atopa La Bulanxerí polo extremo oposto a onde se atopa e fun seguindo o arrecendo a pan e a bolería recén feita. Non podía deixar de pensar no rico que debía estar o que así arrecendía. Despois comprobei que si, que a bolería non só cheiraba estupendamente senón que tamén tiña un sabor espectacular. [...]
Raquel / 13/05/2013 9:47
No local no que antes estaba en Santiago de Compostela o Toñi Vicente, o restaurante de luxo que tivo un final non moi glamuroso, acaba de abrir as súas portas La Industrial, un sitio bastante cool pero moito máis adsequible que o seu predecesor no local. ”Somos un sitio ao que poder vir comer ou merendar, un sitio no que [...]
Raquel / 06/05/2013 9:16
Papel pintado nas paredes, porcelana fina nas mesas, coxíns de colores e un sillón no que poder sentarse a ler: eses son algúns dos atractivos de Pan e Chocolate, a última incorporación á lista de locais para tomar algo en Santiago de Compostela e o último fichaxe da rúa Galeras (que xa ten a La Tertulia e que realmente apunta [...]
Raquel / 26/06/2012 16:05
Foi unha longa peregrinación, iso é certo, porque para ir fomos andando e para volver perdemos o autobús urbano. Pero percorrer os – segundo Google – 18 minutos – pero segundo os nosos móbiles – media hora de paseo lixeiro que nos levou chegar ata A Nave de Vidán pagou a pena. O local mestura nun único espazo sala de [...]
Laura Vieiro / 21/06/2012 9:02
Moitos de vós lembraredes a vosa época de estudantes, cando, noite tras noite, propuñádesvos completar o París-Dakar, obxectivo que a maioría, afortunadamente, nunca chegastes a cumprir. Outros aínda seguiredes intentándoo. Pois que saibades que a clásica ruta de viños compostelá xa nunca volverá a ser o mesmo. Porque o seu punto de partida, o emblemático bar París, reabriu as súas [...]
Laura Vieiro / 12/06/2012 9:15
Kunsthalle é un termo alemán que se refire a unha galería de arte que monta exhibicións temporais. E vós preguntarédesvos que ten que ver iso connosco. Tranquilos, este asalto á Wikipedia ten un sentido. Porque, malia o alleo que nos poida resultar o termo a priori, temos un máis preto do que imaxinamos: na antiga cafetería Conga 8, na rúa [...]
Raquel / 01/03/2012 9:20
Se vives en Madrid, esa capital na que se supón que hai de todo (desde restaurantes etíopes ata chegados de Afganistán pasando por outros que cumpren as pautas kosher, ata tendas especializadas en cousas tan exóticas como zapatos ecolóxicos ou rúas adicadas ao vintage), podes atoparte cun problema se o que queres é facerte co último best-seller galego (que os [...]
Raquel / 02/01/2012 9:07
A xente de Santiago tiñamos unha seria dúbida existencial: por que nós non podíamos comer sushi, polo teriyaki e todas esas delicias xaponesas que se podían degustar nas grandes cidades? Por que calquera lugar da periferia de Madrid (nada cool) tiña un (moi cool) restaurante xaponés e nós, a capital de Galicia, non? Había un un tempo atrás que pechou [...]
Raquel / 15/12/2011 15:18
É preciso irse a unha das cidades galegas para facerse cun fondo de armario distinto? Están as marcas chic ligadas ás poboacións de máis de 50.000 habitantes? A resposta é non. E a solución a esta incógnita non está no comercio electrónico. A periferia (e moitas poboacións pequenas que non están na periferia das cidades, prometemos mapa algún día) tamén [...]
Cris / 06/12/2011 10:34
Le marché de Rachel é unha tenda pequeniña, situada en pleno centro de Vigo (Marqués de Valladares, 22) que evoca ese punto naif, feminino, caótico e vintage do estilo da capital francesa. Pero n0n a través de grandes marcas parisinas, senón apostando por deseñadores novos, independentes, que elaboran os produtos de maneira artesanal e que a pesares de ser descoñecidos [...]
Últimos comentarios