Moitas veces asociamos directamente o cool ao diferente. É dicir, pon uns cake pops ou un expositor cuns cupcakes e xa terás un sitio que merece unha colección de artigos sobre o moderno, o chic, o guay que é. Pero realmente son só os cake pops e os pasteis de aires franceses (por moito que os ame) os únicos que merecen semellante consideración? Non é se cadra un anaco de empanada de polo cool no seu ámbito clásico? En realidade, como en todo, o segredo está en como nos presenten o que nos ofrecen. Por iso, este descubrimento (que non está nos nosos lugares habituais de investigación) chamou a miña atención. Ten todo o aspecto dunha desas novas panaderías / pastelerías modernas, pero cos contidos de sempre. Ou polo menos cos máis importantes.
Chámase Panela Bakery e está en Pontecesures, na ‘fronteira’ entre as provincias de Pontevedra e A Coruña. Que é o que teñen? Clásicos: hai empanadas de varios tipos, pan, pasteis (incluídas as ‘ranitas’, eses pasteis de chocolate con forma de ra que son un clásico dende tempos inmemoriais) ou galletas. Ademais, nos estantes, podes atopar cousas como nubes feitas de zumes de froitas ou bombóns e outras delicias de chocolate.
E todo presentado con ese toque moderno que tanto nos gusta: espazo moi luminoso, madeira e bolsiñas atadas con laciños de cores que o fai visualmente bonito. E no canto do tradicional escaparate unha mesa na que as cousas se poden ver en exposición nunhas desas fermosas fontes para pasteis que están invadindo todo (en resume: ese toque maleni-friendly que fai que todo guste un pouco máis).
Non están en redes sociais, aínda que xa alguén se encargou de xeolocalizalos en Foursquare.
Panela Bakery está na Avenida de Vigo, 29, en Pontecesures
Confeso. Fun eu ese alguén que se encargou de xeolocalizalos en Fousquare. E que é un sitio moi riquiño!
Ohhhh!!! Gústame!! :D
Está moi ben! Produtos de 1º caliadade e presentados con moi gusto.