Artigos etiquetados con: "Probamos…"

/ 31/07/2014 15:54

Bañarse en piña colada

Lembrades aquel momento no que ninguén – a menos que fora un personaxe dunha serie retro de cruceiros – bebía cócteles? Máis alá das catro habituais combinacións que se pedían en calquera lugar, non era o recorrente atopar cartas de cócteles, especialistas en calquera garito cutre que che facían mesturas especiais ou artigos en todos os medios de comunicación sinalando […]

/ 26/06/2013 16:14

Cheirando a Bécquer

Non, non é que Bécquer se me aparecera dende a ultratumba para que poida achegarme a el e saber a que ulía (posiblemente mal, pensade que naquela época o do baño non era algo cotiá; e por favor non lle preguntedes a Google a que cheiraba Bécquer, o primeiro resultado é bastante descorazonador). O de cheirar a Bécquer é algo […]

/ 05/07/2012 15:18

Cousu de Fil Blanc, cosmética inspirada nas ‘Flores do mal’ de Baudelaire

A poesía de Charles Baudelaire é tráxica e grandilocuente, recargada a máis non poder e chea de máscaras, sepulturas, xente miserable e cousas malditas. Tes que lela en voz alta para apreciar todas esas cousas que teñen que poñer os pelos en punta (ben, poñían na época; agora quédanos o regusto do vello). Que se pode esperar dun libro titulado […]

/ 28/03/2012 9:22

Probamos: Volcano de Lush, mascarilla… para pés!

No mundo da cosmética todos os produtos parecen superglamourosos. Nas páxinas das revistas de beleza recomendan sempre bases de maquillaxe, estupendos eyeliners ou, cando chega o momento, cremas anticelulíticas. Pero… que pasa cos pés? Que pasa cos produtos feos e un pouco humillantes para pés? A review cosmética de hoxe é a dunha mascarilla de aspecto pouco estiloso e nome […]

/ 08/03/2012 15:12

Probamos: GlossyBox, minicosmética a domicilio

Hai unha nova moda no mundo da rede. Consiste en mandar cousas pequeniñas a domicilio en caixas e recupera a ilusión que a todos nos facía recibir cartas. Quen na infancia non se escribía cunha amiga por correspondencia para ter uns sobres agardando na caixa de correo, coas facturas que recibían os pais? Agora, chegados á idade adulta, non hai […]

/ 24/01/2012 15:34

Probamos: os peixes garra rufa

“Iso que vas facer é unha porcallada”. Os peixes garra rufa son o último hit no mundo dos tratamentos de cosmética, aínda que como indicaron todos os achegados aos que decidín dar parte do que ía probar teñen unha non moi boa imaxe. Grima é unha palabra moi asociada á experiencia previa aínda que despois, unha vez que te atopas […]

/ 13/12/2011 15:55

Probamos: a máscara de pestanas cor ameixa

Os produtos de Benefit entran polos ollos. O seu packaging mestura o estilismo das pin-up, o charme dos anos 20 e as imaxes dignas de postais de soldados namorados e mociñas inocentes da I Guerra Mundial. A marca adícase á cosmética, pero ben podería ser un socorrido recurso á hora de encher o baño (ou o tocador) de cousas bonitas […]

/ 20/06/2011 16:33

Probamos: a pasta de dentes que se mastiga

É o produto máis estraño que probaremos na sección de cosmética? Lush acaba de lanzar no mercado español as súas pastillas para lavar os dentes (recordade: non está en Galicia a menos que botedes man do comercio electrónico), unha moi exótica opción para deixar os dentes limpos e brillantes. As pastillas para limpar os dentes teñen unha forma de uso […]

/ 08/04/2011 21:25

Probamos: Cupcake, a mascarilla de chocolate de Lush

Lush é unha desas marcas estupendas e xeniais que só se instalan nas grandes cidades cos seus productos tentadores. En España só están en Valencia, Madrid, Barcelona, Santander e Zaragoza.  Lush tamén é unha desas marcas que gracias a Jeff Bezos, o señor que montou Amazon xa fai unha chea de anos e que deu o primeiro paso para que […]