Probamos: a máscara de pestanas cor ameixa

Os produtos de Benefit entran polos ollos. O seu packaging mestura o estilismo das pin-up, o charme dos anos 20 e as imaxes dignas de postais de soldados namorados e mociñas inocentes da I Guerra Mundial.

A marca adícase á cosmética, pero ben podería ser un socorrido recurso á hora de encher o baño (ou o tocador) de cousas bonitas para darlle un toque estiloso. Os nomes de cada unha das entradas do seu porfolio de solucións para ser a máis fermosa do lugar son tan atractivos como o aspecto dos seus produtos, bautizados con fórmulas tan sedutoras como o bálsamo labial Doutor Feelgood ou o Girl meets Pearl, que deixa o rostro esplendoroso.

As súas máscaras de pestanas teñen o sedutor nome de Bad Gal, ‘rapaza mala’, e presentan diferentes tipos de produtos que prometen deixarche unhas pestanas longas, bonitas e dignas de Betty Boop. Nós testamos a Bad Gal Plum, que como o seu nome indica non maquilla as pestanas de cor negra ou marrón (os clásicos) senón coa moi pero que moi exótica cor ameixa.

Pódese ir pola rúa levando as pestanas da cor dunha froita? Pódese. Ninguén notará que levas a cor dunha cirola no medio da cara. A máscara mestúrase coa túa cor natural de pestanas, dándolle máis protagonismo e peso, e unicamente notarás os efectos de algo tan distinto cando pases o algodón para desmaquillar a mirada. Como as outras máscaras de Benefit, o resultado final é o agardado (unhas pestañas máis xeitosas pero evitando a sensación de levar catro kilos de algo nos ollos) e sen grumiños.

*Tamén probamos no pasado a mascarilla facial de chocolate, os perfumes de Juliette has a gun e a pasta de dentes que se mastiga

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará