Romantics, zumes en botella… diferentes

Moitas son as marcas de zumes que prometen, dende as zonas refrixeradas dos supermercados, que ofrecen un produto completamente natural, ‘da froita á túa mesa’, aínda que en realidade, cando o probas, ten o mesmo sabor artificial que calquera zume de cartón ou botella. A última incorporación ao mundo dos zumes de supermercado de alto nivel promete un que está espremido, embotellado (todo a entre 0 e 2 grados, explican na súa web, velaí que non se poña malo e que conserve as vitaminas) e que non contén máis que zume.

Chámanse Romantics e polo de agora ofrecen tres combinacións de froita nos seus produtos (laranxa máis plátano e piña, liches e mango e fresa e laranxa). A textura dos seus zumes é un pouco máis espesa que a dos tradicionais, porque no canto de só espremer apostan tamén polo triturado para conseguir o resultado final. Os seus zumes teñen un toque smoothie (esa bebida un pouco pastosa que tanto gusta nos países anglosaxóns) pero sen que sexa demasiado espesa.

Ademais de polo que venden, os zumes Romantics tamén se diferencian dos da competencia polo que son. O seu packaging non ten nada que ver co dos outros zumes. Para empezar, a súa letra pequena é das que gusta ler, con guiños aos consumidores. O seu aspecto é similar ao das botellas de leite das películas estadounidenses antigas e o seu ‘look and feel’ é altamente sedutor.

Son un pouco caros para o seu tamaño, pero se se ten en conta como o fan os algo máis de dous euros do seu prezo non semellan demasiados para un produto gourmet. Haino a vender no Carrefour e en El Corte Inglés.

*A súa web é moi axeitada á súa marca

Foto | Romantics

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *