Mercando os regalos de Nadal nos bares de Pontevedra

Esta fin de semana temos tantos planes que non sabemos moi ben se daremos abasto. O bo é que todos estes eventos inclúen algo fundamental nestas datas: gastar cartos! (pero por unha vez, o consideramos indispensable). Mercadillos por aquí e por acolá, por exemplo, en Pontevedra, onde Miriam Cidrás organiza o mercadillo 5 calles, con postos con produtos artesáns, de novos deseñadores, roupa de segunda man ou exposicións.

Eses postos se distribuirán no interior de distintos pubs do casco vello pontevedrés, o que recorda (pois inspírase en) ao “Reciclaxe“, que tivo lugar en outubro en Vigo e que tanto nos gustou. Sen dúbida, estas son boas oportunidades para mercar agasallos orixinais, para un mesmo ou para os demais, mentres se departe cos amigos e se toman unhas cañas.

Miriam Cidrás, organizadora, licenciada en Belas Artes e deseñadora da marca Maui, explica que o seu obxectivo con este mercadillo é dar unha oportunidade a xente que, como ela, está comezando, e que, coa crise, non ten medios suficientes para comercializar os seus produtos. “A través de mercadillos eu coñecín xente que fai cousas impresionantes, e por iso tiña ganas de montar algo así, para que todos coñezan algunhas marabillas que algúns artistas fan nas súas casas e que só venden a amigos e coñecidos”.

En total, poderemos visitar unhas 70 tendas distribuídas por 22 locais diferentes, onde atoparemos regalos de Nadal moi creativos, que van desde xoias, roupa vintage ou obxectos de decoración ata xoguetes eróticos, repostería artesá ou instrumentos recén sacados das mans do  luthier.

Será este sábado, 17 de decembro, entre as 12:00 e as 20:00. No facebook podes atopar toda a información pertinente coma os participantes que venderán as súas creacións, os locais onde atopalos e ata un mapiña para non perder detalle.

E se en vez de en Pontevedra estás en Vigo -aínda que o perfecto será que pases por ambas- que saibas que en Vigo tamén hai algunha proposta máis que interesante onde dilapidar a nosa fortuna para facer felices aos seres queridos. O venres 16 e o sábado 17, entre  as 10 e as 22 horas,  terá lugar aI Feira de creadores contemporáneos no Paseo de Alfonso XII (Praza da Fonte). Alí atoparemos produtos de Lechanelas, Hey Juddy, Axouxeres Design ou as fantásticas galletas de mmmh!! Tartas de Bea. Organiza o bar A pola, e tamén haberá concertos e un obradoiro de alfarería para os peques.

Ala! Non poderás dicir que non solucionaches a metade das compras navideñas!

Shares

    1 comentario

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *