Probamos: Cupcake, a mascarilla de chocolate de Lush

Lush é unha desas marcas estupendas e xeniais que só se instalan nas grandes cidades cos seus productos tentadores. En España só están en Valencia, Madrid, Barcelona, Santander e Zaragoza.  Lush tamén é unha desas marcas que gracias a Jeff Bezos, o señor que montou Amazon xa fai unha chea de anos e que deu o primeiro paso para que tivesemos o comercio electrónico que temos (grazas señor Bezos!), pódese comprar na rede. Todo.

Incluída esta mascarilla de nome tan rico: Cupcake. As mascarillas de Lush son frescas. Todos os productos desta marca son naturais e ecolóxicos, o que ven a significar que non teñen ningún tipo de conservante artificial. Cupcake, como todas as mascarillas de Lush, ten unha data de caducidade moi próxima (un mes) e ten que ser gardada no frigorífico.

Cupcake está feita de chocolate, barro Rhassoul, aceite de menta e outros ingredientes polo estilo. Ule que arrecende e, se cadra é suxestión…, leva anaquiños de chocolate polo medio. Da ganas de darlle unha dentellada cando a tes na cara (non se pode facer…) Ademais de bo arrecendo e de nome afortunado, é bastante efectiva. Está indicada para peles mozas con acné ou graxas. Funciona moi ben. Deixa a pel suave e nada graxa. Se ademais tendes un pel sensible, non vos preocupedes. Moitos productos para peles grasas e con problemas funcionan nese aspecto… pero fan un daño terrible se ademais a vosa pel é sensible. Cupcake non.

En tenda, téñena enriba dun bloque de xeo, para que se conserve. Na e-tenda mándana por correo urxente para que non se estropee. Custa 8,25 e dura máis ou menos un mes.

Shares

2 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *