Riga é unha das moitas cidades do Leste de Europa á que as mentes moi orixinais da industria do turismo bautizaron como ‘a París do Leste’. O seu centro histórico foi moi dañado durante a Segunda Guerra Mundial: a Riga máis medieval quedou reducida, pero aínda se conservan os moitísimos edificios Art Nouveau que enchen a cidade. Riga ten unha das mellores e máis completas coleccións de edificios de esta arquitectura do continente.
E nun deses edificios, non moi lonxe dunha das rúas must a visitar en Riga para quedar sen palabras ante a avalancha de fachadas Belle Époque, atópase Madam Bonbom, a que sen dúbida é unha das tendas máis orixinais de Europa. Madam Bonbom ocupa un dos pisos baixos dun bonito edificio art nouveau. E cando dicimos ocupa deberíamos escribilo case coma okupa.
Os zapatos, os complementos, están colocados nas diferentes estancias da casa. Baño e cociña incluídos. Durante a nosa visita, un dos responsables da tenda tecleaba no seu portátil nunha mesa na cociña.
Entre o que se pode atopar na lacena da cociña, no lavabo ou deixado con aspecto falsamente descoidado enriba da cama hai dende marcas coñecidas e próximas coma Pretty Ballerinas ata para nós máis descoñecidos diseñadores letóns.
O mobiliario é de época, intentando recupera-lo espíritu de principios do século XX, período no que se edificaron todos os edificios da zona. Todo en ese espíritu de cambio de século, cunha pequena concesión á época soviética. Na cociña pódense atopar un frigorífico e unha televisión en branco e negro dos anos 70.
Madame Bonbom está no número un da rúa Alberta, un dos destinos favoritos dos cazadores de Art Nouveau. E tamén está na rede: podes visitala na súa páxina oficial.
Que delicia de tenda, unha pena que nos quede tan lonxe. Pero apúntome a dirección para un próximo viaxe a Riga. A ver quen se resiste a algún zapato-joya!!!