A terapia do rexeitamento


A terapia do rexeitamento (Rejection Therapy) é o último hit en auto-axuda nos Estados Unidos. Trátase dun xogo na vida real que conta só cunha regla: ser rexeitado cada día por alguén, durante un mes enteiro. ¿O obxectivo? Superar o medo ao fracaso polo vello método de non queres caldo, pois toma seis tazas (en teoría ao final do proceso o caldo acabará parecéndote algo bastante soportable).

¿Como se xoga? Podes facelo por libre ou seguindo instruccións. Na páxina oficial da Terapia do rexeitamento venden unhas tarxetas por se necesitas inspiración e non sabes que pequenas probas pórte no día a día. As tarxetas tamén están dispoñibles para iPhone e Android. Aínda que non son necesarias, non resultan moi caras (10 dólares) e axudan a manter a motivación.

A finalidade da terapia paréceme máis que loable: saír da nosa zona de confort e superar o medo ao rexeitamento. E é que a única forma de conseguir un ascenso, unha cita, ou unha viaxe gratis en globo é ser quen de pedilo.

Se consegues ser rexeitado cada día en algo que realmente te faga sentir vulnerable, pouco a pouco perderás o medo ao rexeitamento (esa é a teoría que sustenta o xogo)  e aprenderás a utilizalo como catalizador para o éxito (son norteamericanos, a finalidade non pode ser outra). Os exemplos que che dan na web van de Stephen King (o seu primeiro libro foi rexeitado), Michael Jordan (cando era mozo foi rexeitado para un equipo de baloncesto) ou Mark Zuckerberg (ninguén quería ser o seu amigo). Finalmente a conclusión é que o rexeitamento non é un fracaso, es ti que aínda non deches insistido o suficiente.

Polo demáis, mentres esteas en plena terapia, o éxito consistirá únicamente en superar o teu medo, sendo rexeitado día si e día tamén. Pero…¿atreveriaste a probalo?

Se aínda estás a pensar se queres ou non saír da túa zona de confort, tamén podes unirte a eles en facebook.

Foto | Andrés Fraga

Shares

    1 comentario

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *