No pasado, levar un diario era unha sorte de must. Tanto coma apuntar a onde se iba de viaxe, con quen, como… Quen máis e quen menos facía o seu libro de viaxes propio.
Agora, será que vivimos demasiado rápido, viaxamos moito e escribimos pouco, xa non se leva o de ir contando nunha libretiña o que vimos, o que comimos e con quen falamos. Moleskine está a tentalo coas súas libretiñas de cidades.
Nós atopamos estes cadernos de Libracos, cosidos a man e perfectos para levar no bolso e contar as aventuras mentras se toma un café nalgunha estupenda cafetería dalgunha cidade de ensoño.
Custan só 10 euros e véndese na rede.