5 rutas para pedalear por onde antes ía o tren

Ecopista do Dao

O outono é moi bonito, coas súas follas laranxas, coa súa luz tardía, cos seus árbores a espirse… pero tamén un pouco deprimente, especialmente cando sentes que o verán pasou sen pena nin gloria (meteorolóxica). A solución para superar as menos horas de sol  e a volta ao traballo -e ao horario de inverno- pasa (ou iso din) por facer exercicio. Pero nada de pecharse no ximnasio, ou correr en redondo, o que tes que facer é coller a bici.

Principalmente porque está de moda, e serás moito máis moderno pedaleando que xogando ao fútbol. Se es o suficientemente atrevido, podes usala como o teu medio de transporte principal, pero se es un pouco torpe, sempre che quedan os carrís bici para facer quilómetros nas fins de semana. E entre todos os carrís bici do mundo, algúns dos máis chulos son as ecopistas ou vías verdes.

Trátase de infraestruturas ferroviarias en desuso que se reconverteron en vías ciclistas, e teñen algo de romántico, pois lémbrannos aqueles tempos nos que un podía chegar a todas partes en tren, pero sobre todo teñen moito de práctico, pois proporcionan metros e metros de camiño seguro e fácil, case sen interrupcións, e en moitos casos ben integrados na paisaxe. En España atopamos máis de 2000 km de vías verdes, e en Portugal, outros 200. E moitas máis que podería haber, pois na Península hai alomenos aínda 5000 vías de tren abandonadas que se poderían converter en ciclovías.

Iso si, en Galicia, por mágoa, só temos unha vía verde dispoñible. É a do río Eo e sitúase, como o seu nome indica, preto do río, unindo a localidade asturiana San Tirso de Abrés coa lucense A Pontenova. En total, 12 quilómetros  construídos a finais do século XIX para permitir o acceso dun tren mineiro. O malo é que na parte galega a vía verde se funde coa estrada, así que os 6 quilómetros asturianos resultan moito máis pacíficos e “naturais”.

Se buscas outras rutas próximas, sempre nos quedará Portugal, onde a ecopista do Minho, que vai de Monçao a Valença leva anos congregando a ciclistas e patinadores, xa que foi a segunda a abrirse en Portugal. Son 13 quilómetros á beira do Miño que hai pouco ampliáronse en dirección a Vilanova da Cerveira, sempre a carón do río.

Máis lonxe, á altura de Viseu, atopamos a Ecopista do Dão, un total de 49 quilómetros de vías verdes entre Santa Comba Dão e Vimieiro, nas que atravesas o val do Dão, con fantásticos bosques e zona de viñedos. Ademais, está menos frecuentada que a ecopista do Minho, o que sempre é un plus. E se non tes bicicleta, podes alugala alí.

Outra rexión fronteiriza rica en vías verdes é a de Asturias, onde atopamos, por exemplo, a Senda del Oso, 36 quilómetros seguindo o trazado do vello tren mineiro por diversos vales entre montaña, na zona entre Teverga e Quirós. Aínda que é unha vía moi accesible, resulta menos chá.

Tamén seguindo vías mineiras, e con acusadas rampas, é a vía verde de Valle de Turón, 14 quilómetros entre castilletes mineiros en Mieres, en concreto entre o viaduto de Reicastro de Ujo e a paraxe de La Molinera en Urbiés.

Cinco plans máis ou menos próximos ideais para gozar do sol de outono e sacar a pasear a bici sen medo aos coches.

Shares

    4 comentarios

    • Fabian di:

      Entre Cataluña e Aragón está a Via Verde, que une Tortosa e a desembocadura do Ebro co interior de Teruel.

    • Gracias por recomendar La Senda del oso como un lugar paradisíaco para visitar en Asturias.
      Valles verdes y un paisaje de ensueño acompañan a la maravillosa Senda del Oso, La ruta especial para realizar en bicicleta, con familia, niños o amigos, donde hay diferentes tipos de niveles según vuestras necesidades, en https://www.bicisendadeloso.es cuando alquiláis vuestras bicis os hacen entrega de un mapa con los diferentes recorridos y distancias en los que podéis disfrutar de La Senda del oso.
      Existe el Nivel Muy Fácil (recomendado para realizar con niños) de 18 km. y descendente.
      El nivel Fácil recomendado para piernas no tan entrenadas y con un recorrido de 28 kilómetros, ideal para hacer con amigos y pasar un par de horas fantásticas!!
      También el nivel MEDIO, que es el recorrido completo, donde se puede ver infinidad de paisajes y con un total de 48 kilómetros que se recorren en aproximadamente 6 horas.

      Pero como siempre, os recomiendo RESERVAR vuestras bicicletas, ya que además de ser un lugar precioso es muy recurrido y en épocas de primavera, verano y festivos largos suele haber mucha gente y si no reservas tu BICI, corres el riesgo de quedarte sin plazas o de que las bicis que hay en existencias no se ajusten a las características que tu necesitas.
      https://www.bicisendadeloso.es
      Un Saludo y os esperamos en nuestro paraíso Natural!

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará