Vídeos para a fin de semana: tipografía en movemento

O pioneiro foi o rei do suspense, Alfred Hitchcok, en películas como ‘North by Northwest‘ e ‘Psycho‘. A partir de aí a “tipografía cinética”, una técnica de animación que combina texto e movemento para expresar ideas en pezas audiovisuais, comezou a ser habitual nas cabeceiras das películas, e máis tarde en televisión e publicidade. Hoxe este uso da tipografía esténdese a vídeos musicais, educativos, presentacións e pezas xornalísticas. Saudamos a fin de semana con 5+1 fermosos vídeos nos que as letras bailan, cambiar de cor, crecen e encollen, abrázanse e sepáranse e interactuan con obxectos para contarnos —e por partida dobre— historias de todo tipo.

1. No Nostalgia

Seguindo a moda da arte efémera sobre a lousa con fermosas tipografías de toque vintage, o deseñador francés Philipe Tytgat creou este videoclip para o tema No Nostalgia da banda AgesandAges.

2. Mindshare “Storytelling”

Un vídeo de Andy Martin, en colaboración con Fred & Eric, para a empresa Mindshare.

3. Ira Glass on Storytelling

David Shiyang Liu “transcribiu” deste xeito as palabras de Ira Glass, presentador e director do programa de radio e televisión The American Life.

4. Lisztomania Motion typography

Un traballo para clase a partir da canción Lisztomani do grupo francés Phoenix.

5. Pull & Bear Summer Sale 2011

Tipografías para anunciar as rebaixas en todas as linguas. Deseño de Climent Canal e animación de Sebastián Baptista.

PLUS. I’m Comic Sans, Asshole

Dedicado á nosa disquerredactora Raquel, firme defensora da Comic Sans.

* Se queres ver máis, tes unha interesante selección na canle de Vimeo Nice Type.

Shares

3 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *