Comic Neue, a versión mellorada de Comic Sans

comic neue

Bendito sexa o deus das tipografías!!! Todos vós, hipsters que desdeñadabades a Comic Sans – e nin sequera erades quen de amala de xeito irónico – teredes que comervos todas as vosas palabras. Porque o milagre acaba de producirse (un milagre máis Plain Jane que pan e peixes) e Comic Sans acaba de emerxer convertida en cisne (ben, é un dicir): agora chámase Comic Neue e ten potencial para que a amedes.

Comic Neue serve para todas as cousas para as que xa podiades empregar Comic Sans, dende “avisos pasivo agresivos  no traballo” ata informes do CERN.  Ten detrás a Craig Rozynski, un deseñador australiano que creou unha tipografía co mellor de Comic Sans pero sen a mala fama de Comic Sans. “Comic Neue aspira a ser a tipografía casual que escolla todo o mundo, incluídos os informados das tipografías”.

comic neue

Os medios estadounidenses xa se lanzaron a falar de Comic Neue (e hai quen a sumariza como ‘a versión cool de Comic Sans’), así que Comic Neue ten todo o potencial para facerse viral. Ademais, calquera de nós pode axudar á súa causa. A tipografía é de descargar gratuíta na súa web, así que non hai máis que facerse con ela e comezar a espallar a súa palabra polo mundo.

E aproveitemos para volver ver o mellor vídeo dos publicados en Disquecool

Shares

3 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *